A Academia de Linguas Maias de Guatemala (ALMG, ou K’ulb’il Yol Twitz Paxil) é unha organización guatemalteca que regula o uso das 22 linguas maias faladas dentro das fronteiras da república. Dedicou esforzos especiais á estandarización dos distintos sistemas de escrita empregados. Outra das súas funcións é promover a cultura maia, o que fai impartindo cursos nas diversas linguas maias do país e formando intérpretes castelán-maia.

Foi fundada o 16 de novembro de 1990 como unha organización estatal autónoma, tras a publicación da "Lei da Academia de Linguas Maias de Guatemala", que fora aprobada polo Congreso o outubro anterior.

Notas

Véxase tamén Bibliografía French, Brigittine. 2004. The politics and semiotics of sounds – Mayan linguistics and nation-building in Guatemala. Collegium Antropologicum 28, Supplement 1:249–255. Fischer, E. F., & Brown, R. M. (Eds.). (2010). Maya cultural activism in Guatemala. University of Texas Press. Rostica, J. C. (2007). Las organizaciones mayas de Guatemala y el diálogo intercultural. Política y cultura, (27), 75–97. England, N. C. (2003). Mayan language revival and revitalization politics: Linguists and linguistic ideologies. American anthropologist, 105(4), 733–743.

Categoría:Academias da lingua Categoría:Linguas maias