Acción Libertaria foi un periódico editado en Xixón, Vigo e Madrid entre 1910 e 1915.

Historia e características Subtitulado Semanario anarquista, apareceu en Xixón en novembro de 1910. Dirixido por José Machargo. En 1911 trasladou a redacción a Vigo onde se publicaron os números 28 ao 33 (setembro a novembro de 1911). En Vigo estivo dirixido por Ricardo Mella, entre os seus colaboradores figuraron Eladio Díez, José Arias, José Prat e “Noé Dezmenjes”. Deixou de editarse por mor dos problemas económicos que facían inviábel a publicación. O xulgado de instrución de Barcelona citou ao seu director en marzo de 1912.El Progreso, 29-3-1912, p. 1. A terceira etapa do periódico iniciouse en Madrid en maio de 1913 e a cuarta en Xixón a partir de xaneiro de 1915.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Prensa anarquista de Galicia Categoría:1911 en Galicia