A psicoloxía criminal é unha rama aplicada da psicoloxía que estuda os procesos mentais, emocionais e de conduta das persoas que cometen delitos, co fin de comprender as motivacións, factores de risco e mecanismos psicolóxicos implicados na conduta delituosa. O seu obxectivo é explicar, predicir e, nalgúns casos, intervir na conduta criminal, achegando coñecemento útil para a prevención, a investigación e a rehabilitación. Verde, M. A. S., & Roca, D. S. (2006). Psicología criminal. Pearson educación.  Andrews, D. A., & Bonta, J. (2010). The Psychology of Criminal Conduct (5th ed.). Routledge. López de la Piedra, M. (2016). Desarrollo histórico y concepto de perfilación e investigación criminal. En M. A. Soria y J. Romo (Coods.), Manual de perfilación criminal y análisis de conducta criminal, (pp. 2-28). Madrid: Pearson.

Inicios da psicoloxía criminal Os antecedentes históricos da psicoloxía criminal ata o século XX, son os libelos de Sangue (Blood Libel), a persecución de bruxas por parte da Igrexa Católica (1400), a frenoloxía de Franz Gall (1700), Lombroso (1876) ou a investigación dos homicidios cometidos por Jack o Destripador (1890), entre outros. Non será a partir dos anos 50 cando comecen as primeiras accións de perfilado, e a finais dos anos 70 cando se cruzan os camiños da investigación policial e a psicoloxía científica.

A psicoloxía criminal moderna e os modelos de perfilado criminal Fundamentalmente, dende a década dos anos 50 do século XX, o campo da elaboración de perfís foi desenvolvéndose ata estender o seu uso a nivel mundial. A aplicación específica de cada técnica en cada país foi orientada por diferentes modelos entre os que destacan o americano e o británico. Bartol, C. R., & Bartol, A. M. (2014). Criminal Behavior: A Psychological Approach (10th ed.). Pearson.

Modelo americano: Crime Investigative Analisis A finais da década de 1970, a análise das estatísticas de homicidios nos Estados Unidos amosaba un incremento destes delitos, mentres que a eficacia das investigacións policiais diminuía. Ante esta situación, o FBI puxo en marcha un Proxecto de Investigación da Personalidade Criminal, centrado no estudo das características psicolóxicas de asasinos múltiples xa condenados e na interpretación dos indicios que estes deixaban na escena do crime, coñecidos como a “pegada psicolóxica”, co obxectivo de elaborar perfís psicolóxicos e establecer tipoloxías de asasinos Depue, R. L. (2014). Criminal investigative analysis. In Encyclopedia of criminology and criminal justice (pp. 828-838). Springer, New York, NY..

Este proxecto deu orixe ao que hoxe se coñece como investigación psicolóxica do delito, unha nova perspectiva dentro da investigación criminal que se converteu nunha ferramenta fundamental para resolver crimes de especial violencia, maioritariamente de carácter sexual, cometidos polos chamados asasinos en serie. Aínda que no noso país non teñen unha gran presenza, nos Estados Unidos calcúlase que existen arredor de 200 encarcerados e entre 50 e 100 en activo Scherer, J. A., & Jarvis, J. P. (2014). Criminal investigative analysis: Practitioner perspectives (part one of four). .

Neste contexto, no ano 1972 o FBI creou a Unidade de Ciencias do Comportamento (Behavioural Science Unit, BSU), marcando o inicio formal da elboración de perfís criminais. Á fronte da unidade situouse Howard Teten, quen impulsou unha análise detallada das escenas do crime e promoveu entrevistas con asasinos en serie. Un dos primeiros casos estudados foi o de Edmund Kemper, coñecido como o asasino das colexialas, do que se coñecen 10 vítimas O'Toole, M. E. (1999). Criminal profiling: The FBI Uses criminal investigative analysis to solve crimes. Corrections Today, 61, 44-47..

Aínda que este método foi cuestionada por basearse nunha mostra pequena, pouco representativa e sen grupo de control, o enfoque cualitativo permitiu identificar patróns na conduta dos agresores, diferenciando entre comportamentos organizados e desorganizados na escena do crime, en función dos vestixios atopados na mesma .

Co paso do tempo, a BSU foi perfeccionando e sistematizando os seus procedementos tanto para a análise das escenas como para a elaboración de perfís criminais, ao tempo que seguía afondando nas motivacións dos delincuentes. Froito desta evolución, en 1992 publicouse o Manual de Clasificación do Crime, no que se introduciu o concepto de Crime Investigative Analysis .

Modelo do Reino Unido: Investigative Psychology Este modelo preséntase como unha proposta oposta ao formulado polo FBI. Xurdiu no Reino Unido e ten como principal referente a David Canter, quen aplicou por primeira vez esta metodoloxía ao elaborar o perfil do coñecido como “Violador do Ferrocarril”, John Duffy, responsable de múltiples violacións e asasinatos cometidos entre 1983 e 1986. Canter, deseñou unha técnica de profiling baseada na análise sistemática das variables do delito e a súa interpretación estatística, á que denominou “teoría do círculo” Taylor, P. J., Snook, B., Bennell, C., & Porter, L. (2015). Investigative psychology..

A diferenza do modelo do FBI, este enfoque integra coñecementos psicolóxicos na investigación criminal, pero non se fundamenta na intuición ou experiencia persoal do investigador. Pola contra, baséase en principios metodolóxicos propios da investigación empírica. O seu obxectivo é aproveitar a ciencia da conduta e os seus estudos para apoiar o labor policial na detección de agresores, así como na acusación ou defensa de sospeitosos. Tal como sinalan Canter e Young Canter, D. V., & Youngs, D. (2009). Investigative psychology: Offender profiling and the analysis of criminal action. John Wiley & Sons., a Psicoloxía Investigativa pode aplicarse a calquera tipo de crime sometido a investigación, dende incendios provocados ata homicidios, agresións sexuais ou actos terroristas.

Neste contexto, resulta fundamental o modelo de sistemas de acción de Shye Shye, S. (2020). Faceted Action System Theory (FAST). In Encyclopedia of Quality of Life and Well-Being Research (pp. 1-8). Cham: Springer International Publishing., que concibe o ser humano como un “sistema de acción” que opera en catro campos e catro modos distintos. Este modelo, baseado na teoría de facetas de Guttman Guttman, L. (1959). Introduction to facet design and analysis. In Proceeding of the fifteenth international congress of psychology, Brussels, 1957 (pp. 130–132). Amsterdam: North-Holland., utilizouse para avaliar a calidade de vida en diferentes dimensións.

Canter adoptou a proposta de Shye e trasladouno á psicoloxía criminal mediante o desenvolvemento da Psicoloxía Investigativa, integrando diversos aspectos da psicoloxía para mellorar as investigacións criminais e profundar na comprensión do comportamento delituoso Canter, D. (2004). Offender profiling and investigative psychology. Journal of investigative psychology and offender profiling, 1(1), 1-15..

Segundo Shye, un patrón de conduta pode considerarse un sistema de acción se cumpre coas características de ser Activo, Aberto, Organizado e Estable. Canter sostén que o comportamento criminal encaixa nesta concepción: é Activo e Aberto, pois implica interaccións con persoas ou co contorno; Organizado, xa que unhas condutas enlázanse con outras para levar a cabo o delito; e Estable, dado que adoita existir consistencia na maneira de delinquir dun individuo .

Perfilado criminal en España En España, é a Policía Xudicial a encargada das funcións de averiguación do delito e descubrimento e aseguramento do delincuente, nos termos que a lei estabeleza. Polo tanto, a función de investigación criminal a realiza a policía xudicial, sen ser un corpo de policía adscrito en exclusiva ao poder xudicial, senón que constitúe unha función polivial máis entre as que realizan as diferentes Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Navajas Ramos, L. (1999). Policía judicial. Composición, funciones y principios de actuación. Unidades orgánicas de la Policía Judicial: su dependencia funcional y orgánica. Eguzkilore: Cuaderno del Instituto Vasco de Criminología, (13). Estas funcións son levadas a cabo pola Garda Civil e o Corpo Nacional de Policía nas súas respectivas unidades:

Sección de Análise de Comportamento Delituoso (SACD) da Garda Civil. Sección de Análise de Conduta (SAC) da Policía Nacional.

Aplicacións da psicoloxía criminal A psicoloxía criminal constitúe unha disciplina fundamental dentro das ciencias do comportamento que achega ferramentas teóricas e prácticas para a comprensión, prevención e investigación da delincuencia. As súas aplicacións abranguen diversos ámbitos, entre os que destacan a elaboración de perfís criminais, a avaliación psicolóxica de sospeitosos, a análise de testemuños, a prevención do crime e o apoio nos procesos xudiciais.

Unha das contribucións máis coñecidas é o profiling criminal, que permite establecer patróns de conduta dos delincuentes a partir da análise do lugar do crime, a natureza das accións cometidas e o modus operandi. Este método axuda ás forzas de seguridade a delimitar perfís psicolóxicos que orientan a investigación e facilitan a identificación dos posibles agresores Canter, D. (2000). Offender profiling and criminal differentiation. Legal and Criminological Psychology, 5(1), 23–46. https://doi.org/10.1348/135532500167958.

Así mesmo, a psicoloxía criminal participa na avaliación da credibilidade dos testemuños, analizando factores como a suxestión, a memoria ou a influencia emocional no relato das vítimas e testemuñas (Gudjonsson, 2010). Doutra banda, tamén contribúe ao deseño de programas de prevención, especialmente en contextos educativos e comunitarios, coa finalidade de reducir condutas de risco e favorecer a reinserción social Illescas, S. R., & Pueyo, A. A. (2007). La psicología de la delincuencia. Papeles del psicólogo, 28(3), 147-156..

Finalmente, no eido xudicial, a psicoloxía criminal colabora coa administración de xustiza ofrecendo informes periciais, avaliacións de imputabilidade e valoracións de perigo, converténdose así nun recurso indispensable para a toma de decisións en procesos penais.

Notas

Categoría:Psicoloxía criminal