Un poeta é un filme traxicómico de 2025 escrito, coproducido e dirixido por Simón Mesa Soto. É unha coprodución entre Colombia, Alemaña e Suecia. Está protagonizado por Ubeimar Ríos, Rebeca Andrade, Guillermo Cardona, Allison Correa, Margarita Soto e Humberto Restrepo.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2025 o 19 de maio de 2025. Foi escollido como candidato de Colombia para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse A obsesión de Óscar Restrepo coa poesía non lle trouxo gloria. Envellecido e errático, converteuse no cliché do poeta nas sombras. Cando coñece a Yurlady, unha adolescente, el axúdaa a cultivar o seu talento.

Elenco miniatura|250px|Elenco e director do filme en Cannes. Ubeimar Ríos como Óscar Restrepo Rebeca Andrade Guillermo Cardona Allison Correa Margarita Soto Humberto Restrepo

Produción A fotografía principal realizouse en Medellín.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Colombia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes rodados en Medellín