Patrick Rodríguez González, nado en Esperanzo (San Paio de Araúxo, Lobios) o 20 de maio de 1999, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Fillo de emigrantes retornados da Alemaña. Formou parte, como número dous, da candidatura do PSdeG-PSOE en Lobios nas eleccións municipais de 2023 e foi elixido concelleiro. Obtiveron tres edís, a tan só seis votos do cuarto, dun total de nove, fronte aos seis concelleiros que acadou o Partido Popular. Dende o comezo do mandato, foi nomeado voceiro do grupo municipal socialista e exerce como líder da oposición.

En abril de 2025, apoiou ao alcalde de Taboadela e voceiro na Deputación de Ourense, Álvaro Vila Araújo, nas primarias á secretaria provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, nas que Vila resultou gañador. Porén, após do V Congreso Provincial dos socialistas ourensáns, celebrado o 18 de maio, foi nomeado voceiro provincial do PSdeG-PSOE de Ourense.

Deporte Foi xogador e capitán da canteira do Ourense CF (antigo Ponte Ourense CF) ao longo de moitos anos. Deixou o fútbol por unha grave lesión no nocello.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Lobios.

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Lobios Categoría:Concelleiros de Lobios Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE