Emilio Núñez Cabana, coñecido como Da Horta, nado na Horta (Agüeira, Becerreá) o 9 de febreiro de 1914, foi un labrego e político galego.

Traxectoria Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Ingresou no Depósito de Becerreá o 28 de abril e condicida a Prisión de Lugo o dia seguinte. Procesado na causa 190/37 xunto con Abel Valcárcel Puente, Jesús Salvador García Vázquez, Luis García Vázquez, Ricardo García Santín, Isidro Valentín Gómez Gerbolés, Pedro Gutiérrez Gutiérrez, Nicomedes Lamas Díaz, José González Rivero, José María Fátima Ben-Alí, José M. Freijo López, Nicolás Freijo López e José Poy Arrojo, foron xulgados en consello de guerra o 16 de febreiro de 1938; Emilio Núñez foi condenado a cadea perpetua. Entre o 30 de abril e o 9 de outubro de 1938 estivo no Hospital Municipal de Santa María. Foi trasladao á Prisión Sanatorio de Porta-Coeli (Valencia) o 10 de xaneiro de 1941 de onde saíu en liberdade provisional en febreiro de 1942.BOE, 29-7-1941, p. 5694.

Instalouse en Vilavexe (Santo André, As Nogais). Volveu ser detido o 14 de febreiro de 1946. Foi trasladado á Prisión da Coruña o 15 de marzo de 1946 encartado na causa 75/46 xunto con José Arroyo Otero, Valentín Parajuá Rodríguez, Ramón Díaz Bao, Ginés López Arias, Eulogio Ulloa Regueiro, José Santiso Pereira, José González Rivero, Balbino López Núñez, Antonio Santamaría Becerra, Horacio López García, Gabino Fernández Díaz e Primitivo Díaz Allende.

Vida persoal

Casou con Higinia Fernández. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente procesual de Emilio Núñez Cabana Expediente procesual de Emilio Núñez Cabana Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en ano descoñecido