O Poio Fútbol Sala, coñecido por razóns de patrocinio como Poio Pescamar, é un club de fútbol sala feminino do concello de Poio. Xoga na Primeira división de fútbol sala feminino, e disputa os seus partidos no pavillón da Seca.

Historia Fundouse en 1997 co nome de Ateneo Combarro, e en 2008 acadou o ascenso á división de prata. Na tempada 2012-13, xa co patrocinio da empresa Pescamar, acadou a segunda praza na liga e ascendeu á primeira división tras vencer o Rubí no play-off. Na tempada 2022-23 acadaron a terceira posición na primeira división, e ao ano seguinte acadaron o cuarto posto. Na Copa da Raíña de fútbol sala foi o equipo anfitrión en 2017 e foron finalistas na edición do ano 2020.

Notas

Categoría:Equipos de fútbol sala de Galicia Categoría:Poio