A lingua de sinais inuit (en ; Inuit Uuktuarausiq) é a lingua de sinais dos inuit. É unha lingua illada orixinaria das comunidades inuit do Ártico canadense. No presente só está testemuñada nalgunhas comunidades de Nunavut, particularmente Baker Lake e Rankin Inlet. Aínda que existe a posibilidade de que se use noutros lugares onde viven os inuit no Ártico, isto non foi confirmado.
Dos 155 residentes xordos estimados de Nunavut no ano 2000, críase que uns 47 usaban a lingua de sinais inuit, mentres que o resto usaba a lingua de sinais americana debido á escolarización. Descoñécese cantas persoas oíntes usan a lingua nin cantas persoas son monolingües. Como é unha lingua en perigo de extinción e relativamente agochada, non ten protección por parte dos gobernos federal ou territorial do Canadá. Porén, a lingua de sinais inuit coexiste xunto coa lingua de sinais americana dentro da Asemblea Lexislativa de Nunavut dende 2008. Recentemente, houbo un maior interese na documentación da lingua a través do Consello de Nunavut para Persoas con Discapacidade e da Inuit Broadcasting Corporation (IBC). Ademais, hai un pulo para ampliar o programa de interpretación/tradución a través do Arctic College para incluír a lingua de sinais inuit.
Etimoloxía No eido académico e na comunidade maioritaria en xeral, sábese pouco sobre a lingua de sinais inuit, a lingua de sinais groenlandesa nin sobre outras linguas manuais dos inuit. Unha forma de referirse amplamente ás linguas de sinais inuit é:
Porén, cada comunidade lingüística ten o seu propio termo para a lingua de sinais:
Inuinnaqtun: ᑎᑯᕋᖅ, Tikuraq}} Inuvialuktun: Iñupiatun: Kalaallisut: ,
Porén, Ussersuut pode referirse no seu lugar ao dialecto groenlandés da lingua de sinais dinamarquesa (tamén coñecida como Grønlandsk Tegnsprog).
Do mesmo xeito, outros pobos relacionados tamén se refiren á "lingua de sinais" como:
Yugtun: Sugt’stun: Unangam Tunuu:
Notas
Véxase tamén Bibliografía
(a summary may be more readily available in Coon (2009) Psychology: A Journey)
Categoría:Linguas de sinais Categoría:Linguas inuit