Great é unha curtametraxe animada británica de 1975 dirixida por Bob Godfrey. Conta unha versión humorística da vida de Isambard Kingdom Brunel. Foi producida por Grantstern Films e distribuída por British Lion.

Great gañou o Óscar á mellor curtametraxe animada na 48ª edición dos premios en marzo de 1976, converténdose no primeiro filme británico animado en conseguilo. Great tamén gañou o BAFTA ao mellor filme animado ese ano.

Notas

Categoría:Filmes de 1975 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada