O Ducado de Schleswig foi un ducado no sur de Xutlandia ( Sønderjylland ) que abarcaba unha área comprendida entre uns 60 km ao norte e 70 km ao sur da actual fronteira entre Alemaña e Dinamarca. O territorio está dividido entre os dous países desde 1920, con Schleswig do Norte en Dinamarca e Schleswig do Sur en Alemaña.

A diferenza de Holstein e Lauenburgo, Schleswig nunca formou parte da Confederación Xermánica. Schleswig era, en cambio, un feudo de Dinamarca, e os seus habitantes falaban dinamarqués, alemán e frisón setentrional. Tanto os liberais nacionais daneses como os alemáns querían que Schleswig formase parte dun estado nacional dinamarqués ou alemán no século XIX. Un levantamento alemán en marzo de 1848 provocou a Primeira Guerra de Schleswig, que rematou en 1852. A Segunda Guerra de Schleswig (1864) rematou cos tres ducados gobernados conxuntamente por Austria e Prusia. En 1866, foi absorbido por Prusia.

Categoría:Ducados Categoría:Schleswig-Holstein Categoría:Historia de Dinamarca Categoría:Historia de Alemaña