José Cuenza Luna, nado no Pibidal (Fonteo, Baleira) cara a 1891 e finado no mesmo lugar o 11 de setembro de 1959, foi un médico galego.

Traxectoria

Fillo de Faustino Cuenza e Basilisa Luna, desenvolveu a súa profesión de médico no concello de Baleira. Foi acusado de ser propagandista de esquerdas e colaborar co seu coche de marca Nash Motors nas eleccións xerais de España de 1936, celebradas o 16 de febreiro. Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o Concello de Baleira requisoulle o seu coche o 31 de xullo, e en 1941 incoáronlle expediente de responsabilidades políticas. Finou no Pibidal o 11 de setembro de 1959 con 68 anos.Necrolóxica en El Progreso, 12-9-1959, p. 5.

Vida persoal

Estivo casado con Manuela Núñez Fernández, e foi pai de José Manuel e Gloria Cuenza Núñez. Notas

Categoría:Médicos de Baleira Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Baleira Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1959