Ramón Francisco Piñeiro Pérez, nado en Millares (A Braña, Baleira) en 1807, foi un comerciante galego. Traxectoria miniatura|dereita|Escritura na Braña. Coñecido tamén como Piñeiro, por ser tamén o nome da súa casa. Foi un dos socios fundadores da empresa Luis de la Riva y Cª. Posteriormente, consta como arrendatario da fundición da fábrica de Sargadelos a partir do 1840. En 1841 asociouse a outros para explotar durante anos os mananciais da illa da Toxa.
En 1845, durante a coñecida como terceira época de Sargadelos, pasou a ser tamén arrendatario da fábrica de louza. Na época que viviu no Carril estivo vinculado a varios negocios, sendo socio dunha fundición de ferro nesta vila e dunha empresa de buques de carga e pasaxeiros cara a Montevideo e outros portos.
Notas
Categoría:Nados en Baleira Categoría:Nados en 1807 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados no século XIX