A "morte das matemáticas en Galicia" é como En defensa do mestrado de Matemáticas da USC e o Consello do Estudantado da Universidade da USC se referiron á desaparición do máster en matemáticas da prematrícula para os másteres na Universidade de Santiago de Compostela para o curso 2025/26.

Contexto O 12 de maio de 2025, a Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia decide non conceder a condición de singularidade ao Máster Universitario en Matemáticas da USC —viuse afectado pola falta de matrículas, cunha media de 12 estudantes nos últimos tres cursos—, o que levou á eliminación da titulación da oferta en 2025/26.

Utilizouse principalmente dende o día en que se abriu o prazo de preinscrición para os másteres (entre o 23 de xuño e o 16 de xullo de 2025) na Universidade de Santiago de Compostela, as dúas organizacións —En defensa do mestrado de Matemáticas da USC e o Consello do Estudantado da Universidade de Santiago de Compostela— empregaron con forza o termo "morte das matemáticas en Galicia" para describir a grave situación resultante da eliminación do máster da oferta do curso 2025/26.

Ese contexto converteu a apertura da preinscrición nun punto simbólico: as prazas xa quedaban oficialmente inaccesibles para novos estudantes, e isto intensificou a crítica pública. Ambas entidades fixeron uso deste concepto para subliñar que, co paso da preinscrición, Galicia perdía o seu único programa avanzado en matemáticas puras. O Consello lamentou que a decisión ignorase por completo a singularidade e relevancia do máster, esixindo a súa recuperación e advertindo que, unha vez pechado o prazo, a "fuga de talento" xa non tería volta atrás.

O consello publicou unha mensaxe denunciando a situación, pedindo a dimisión do secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, pola súa "responsabilidade directa" neste proceso.

Notas Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:2025 en Galicia

Categoría:Matemáticas en Galicia