Éforo (en grego antigo Eφορος, en latín Ephorus) foi un historiador grecorromano nado en Cime, en Asia Menor, xeralmente chamado "o Mozo" ou "o Novo" para distinguilo do seu homónimo Éforo. Viviu no século III.

Traxectoria Só o menciona a enciclopedia Suídas, que di que escribiu unha historia de Galieno en 27 libros, unha obra sobre Corinto, unha sobre os Alévadas e algunhas máis. Cómpre engadir que o nome de Galieno é só unha corrección feita polo humanista Raffaele Maffei, xa que a lectura na Suídas é Γαληνοῦ ("Galenû", 'Galeno').2.Ephorus of Cumae en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 27.

Notas

categoría:nados no século III Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Historiadores da Grecia antiga Categoría:Finados no século III