Juan Daniel García Treviño, nado en Monterrei o 27 de febreiro de 2000, é un actor e músico mexicano, recoñecido por ser protagonista do filme Ya no estoy aquí (2019).

Traxectoria Juan Daniel García Treviño medrou en Alianza Real, preto de Monterrei, Nuevo León, no seo dunha familia de músicos, polo que se dedicou á música dende os nove anos. A súa afección polo vallenato levouno a formar parte do grupo Fuerza Cumbiambera e, máis tarde, a concursar polo papel de Ulises do filme Ya no estoy aquí, por invitación do seu mestre de música. Para facer o personaxe, tivo que aprender a bailar cumbia rebaixada e inspirouse no seu irmán, quen pertenceu á subcultura Kolombia.

No ano 2020, o actor fíxose co Premio Ariel ao actor revelación polo seu traballo en Ya no estoy aquí.

Asemade, actuou en distintas longametraxes como La civil, Manto de Gemas, El norte sobre el vacío, Wetiko e na ópera prima da directora mexicana Sofía Auza, Adolfo. Ademais, tivo un pequeno papel nun episodio da serie Narcos: México e é protagonista da serie Vgly por HBO Max.

Filmografía Cinema Ano Título PapelNotas 2019 Ya no estoy aquí Ulises 2021 La Civil El Puma 2022 Manto de Gemas Adán 2022 Wetiko Aapo 2022 El norte sobre el vacío Tello 2023 Adolfo Hugo 2023 Perdidos en la Noche Emiliano 2023 No Voy a Pedirle a Nadie Que Me Crea Cameo

Televisión Ano Título Papel Notas 2021 Narcos: México Episodio «The Reckoning» 2023 VGLY (serie de televisión) Flex

Notas

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Monterrei, México Categoría:Músicos de México Categoría:Actores de cinema de México Categoría:Actores de televisión de México