Miriam Sempere Agulló, nada en Santa Pola (provincia de Alacant) o 19 de novembro de 1995, é unha xogadora de balonmán española. Xoga de porteira no CB Atlético Guardés e na selección española feminina de balonmán praia.

Traxectoria Comenzó a xogar no Balonmano Santa Pola e no segundo ano de cadete pasou ao CB Elche. Xogou en División de Honor desde os 18 anos, e acadou o subcampionato de liga na tempada 2012/13. Xogou a terceira rolda da EHF Cup contra o equipo luxemburgués Handball Dudelange.

En 2017 fichou polo CB Elda de División de Honor Prata. Un ano despois fichou polo Balonmano Benidorm, da mesma categoría.

En 2020 fichou polo CB Atlético Guardés da man de José Ignacio Prades, con quen xa xogara na súa etapa xuvenil no Elche. Co equipo miñoto acadou o subcampionato da EHF European Cup en 2023.

En 2022, 2023 e 2024 formou parte da selección española feminina de balonmán praia. En 2023 acadou a medalla de bronce nos Xogos Europeos de Balonmán Praia e a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos. En 2024 acadou a medalla de prata na Xira mundial de balonmán praia da IHF.

Recoñecementos En 2023 deu o pregón das Festas do Monte da Guarda.

Notas

Categoría:Xogadores do Atlético Guardés Categoría:Xogadores de balonmán de España Categoría:Nados na provincia de Alacant Categoría:Nados en 1995