Jesse Thornton foi un home afroamericano de 26 anos que foi linchado na cidade de Luverne (Alabama) o 22 de xuño de 1940. Thornton foi linchado por presuntamente negarse a dirixirse a un home branco como "señor". Foi disparado e o seu corpo foi botado ao río de Patsaliga. A Equal Justice Initiative documentou que o home branco ao que Thornton ofendeu coa súa infracción das leis de Jim Crow era un axente de policía.

Segundo Legacy of Lynching, o asasinato tivo lugar o 21 de xuño. O axente de policía Rhodes ouviu como Thornton mencionaba o seu nome, aparentemente deixando fóra o "señor" e arrestouno, mais mentres o levaba para o cárcere, unha turba comezou a tirarlle pedras a Thornton, ao cal agarraba outro axente chamado Nolan Ellis. Thornton intentou fuxir mais a turba perseguiuno e disparoulle, matándoo. A turba, entón, foi á súa casa onde abusaron de Nellie May, a súa muller. Máis tarde, volveron á casa, secuestraron a May, e ameazárona de morte para silenciala. O grupo local do NAACP investigou, e coa asistencia de Thurgood Marshall enviou un informe ao Departamento de Xustiza dos Estados Unidos. Ningún proceso xudicial resultou da investigación ou do informe.

Notas

Categoría:1940 Categoría:Alabama Categoría:Racismo nos Estados Unidos de América Categoría:Asasinatos nos Estados Unidos de América