Go on home British soldiers (en galego: "Volvede á casa, soldados británicos") é unha canción rebelde irlandesa da época do conflito de Irlanda do Norte que expresa un dos anhelos do republicanismo irlandés da época, concretamente a retirada das forzas militares británicas que operaron en Irlanda do Norte dende 1969 ata a súa eventual partida en 2007.
É unha canción de repudio cara ao exército británico e o seu goberno, así como de apoio ao Exército Republicano Irlandés (IRA) e o republicanismo irlandés en xeral. A letra é de protesta. En ningún momento tivo a intención de incitar á violencia directa contra ninguén, só a non resignarse ante a presenza militar británica en Irlanda. Gravouna por vez primeira o grupo The Wolfe Tones, fíxose famosa da man de Éire Óg e foi versionada posteriormente por numerosos grupos, entre eles Banda Bassotti. Notas
Categoría:Cancións en lingua inglesa Categoría:Historia de Irlanda do Norte