Genma Rojo López, nada en Currelos o 30 de xuño de 1989, é unha investigadora galega da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Coruña.
Traxectoria
Estudou Enxeñería Técnica de Obras Públicas na Universidade da Coruña, despois Enxeñería de Camiños, Canais e Portos na mesma universidade, en 2014 e 2015 fixo un mestrado de investigación en Enxeñería Civil. É Técnica de xestión I+D no CITEEC e profesora de Enxeñaría Civil na Universidade da Coruña. Realiza investigacións sobre o desenvolvemento de formigóns máis sostibles no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC).
En 2025 a súa tese de doutoramento (Investigación e novas técnicas intelixentes na caracterización do formigón autocompactante con residuos industriais e fibras para aumentar a súa sustentabilidade e vida útil) foi galardoada co Premio ANCI 2024 a Teses de doutoramento. A súa investigación sobre novas técnicas intelixentes na caracterización do formigón autocompactante contribúe á sustentabilidade e resiliencia das infraestruturas e abre novas canles para a economía circular na construción. O premio foille entregado no Museo Nacional Thyssen-Bornemisza de Madrid, nun acto presidido polo ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente.
Ten publicado en revistas especializadas na materia dos seus estudos.
Notas
Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Nados en 1989 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes