A 28ª División foi unha das divisións do Exército Popular da República que se organizaron durante a guerra civil española sobre a base das Brigadas Mixtas. Estivo despregada nas frontes de Aragón e Segre.

Historia A unidade foi creada en abril de 1937 a partir da antiga columna «Ascaso», mandada polo anarquista Gregorio Jover. Ademais das forzas procedentes da columna «Ascaso», a nova 28.ª División absorbera tamén os restos doutras forzas milicianas e pasou a estar composta polas brigadas mixtas 125.ª, 126.ª e 127.ª. Seguiu baixo o mando de Jover.

A 28ª División permaneceu na Fronte de Aragón durante boa parte da contenda. En xuño de 1937 tomou parte na fracasada ofensiva sobre Huesca, e a finais de agosto unha das súas unidades —a 127.ª BM— tomou parte na ofensiva de Zaragoza. En febreiro de 1938 interviu nos combates da batalla do Alfambra. Durante a posterior ofensiva franquista na Fronte de Aragón, a unidade encadeou varias retiradas ante a presión inimiga. Tomou parte nos combates de Levante integrada no XIII Corpo de Exército, sendo posteriormente trasladada á fronte de Estremadura, onde participou nos contraataques republicanos contra a ofensiva emprendida polo exército de Queipo de Llano. En xaneiro de 1939 participou na ofensiva de Valsequillo, integrada na Agrupación «Toral».

Mandos Comandantes Maior de milicias Gregorio Jover, desde abril de 1937; Maior de milicias Juan Mayordomo desde o 11 de agosto de 1938;

Comisario Adolfo Arnal García, da CNT; Pedro Fernández Alonso, da CNT;

Xefe de Estado Maior

Comandante de infantaría Ramón Rodríguez Bosmediano;

Orde de batalla DataCorpo de Exército adscritoBrigadas Mixtas integradasFronte de batallaMaio-xuño de 1937X Corpo de Exército125.ª, 126.ª e 127.ªAragónDecembro de 1937XXI Corpo de Exército125.ª, 126.ª e 127.ªAragónAbril de 1938XIII Corpo de Exército125.ª, 126.ª e 127.ªLevanteAgosto de 1938VII Corpo de Exército125.ª, 126.ª e 127.ªEstremadura

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerra civil española