A eurocidade Vila Nova de Cerveira-Tomiño é a denominación coa que se coñece á conurbación transfronteiriza situada entre os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, en Galicia e Portugal respectivamente. As dúas localidades, que xuntas suman arredor de 23 000 habitantes e ocupan unha área de algo máis de 215 quilómetros cadrados. Están separadas pola fronteira natural que oferta o río Miño, igual que acontece con outras eurocidades coma a de Salvaterra-Monçao ou Tui-Valença. Ambas as cidades están conectadas por estrada mediante a ponte da Amizade, construída no ano 2004. A diferenza doutras eurocidades da Raia, a eurocidade tomiñesa conta con mecanismos institucionais e figuras singulares, coma a figura do valedor ou valedora ou a existencia de orzamentos participativos comúns da eurocidade, denominados Orzamentos Participativos Transfronteirizos (OTP).
Historia En 2014 os alcaldes de Vila Nova de Cerveira e Tomiño asinaron un documento denominado a Carta da Amizade, en clara referencia á ponte homónima, construída dez anos antes.
A eurocidade constituíuse formalmente o 4 de outubro de 2018.
Servizos compartidos Piscinas municipais Sistema de estacionamento gratuíto común (Disco Azul). Escola municipal de música
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eurocidade Eurorrexión Cidades xemelgas Área metropolitana Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Ligazóns externas eurocidadecerveiratomino.eu Páxina sobre a Eurocidade.
Categoría:Eurocidades Categoría:Tomiño