A Casa do Concello de Tartu é un edificio municipal histórico e sede do goberno da cidade de Tartu, en Estonia. Atópase na praza do concello, no centro da cidade.
Historia e arquitectura A historia do concello é anterior á actual casa do concello, xa que o edificio actual é o terceiro concello consecutivo construído no mesmo lugar. Foi erixido, a raíz do grande incendio de Tartu, entre 1782 e 1789 segundo deseños do arquitecto alemán Johann Heinrich Bartholomäus Walther. Dende o primeiro momento, o edificio foi deseñado para albergar unha serie de inquilinos ademais do goberno da cidade; un cárcere e un almacén para pesas e medidas xa estaban incluídos nos debuxos orixinais. O consistorio sempre sufriu a falta de espazo, e a día de hoxe hai unha farmacia en partes do local. O arquitecto e albanel, J. H. B. Walther, tamén traballou na Casa Von Bock que estaba ao outro lado da praza e estaba sendo rematada ao mesmo tempo que se construíu o concello.Phenomenological Alma Mater. Borders of the Visible and the Invisible in Heritage Protection , Juban Maiste, 2009, p.195, Universidade de Tartu, utlib.ee, consultado o 30 de decembro de 2013
A casa do concello está construída nun estilo neoclásico primitivo, con detalles rococó e barrocos, como o campanario que contén o carillón (que aínda se toca a diario). O concello mostra moitas semellanzas estilísticas coa Casa do Concello de Narva, algo anterior.
Nadal Como moitas casas de concellos de Finlandia, por exemplo Rauma, Porvoo ou Turku,The Declaration of Christmas Peace Cidade de Turku. Consultado o 9 de decembro de 2013. a Paz de Nadal proclámase dende a Casa do Concello de Tartu xusto antes de Nadal.Christmas Peace is Proclaimed, Tartu Postimees.ee, consultado o 26 de decembro de 2013 miniatura|Patinadores sobre xeo fronte a Casa do Concello de Tartu en decembro de 2023.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Casa do Concello de Narva
Categoría:Casas do concello de Estonia Categoría:Tartu