Emilio Antonio Pazos Flores, nado en Buenos Aires o 24 de xullo de 1945, é un exfutbolista arxentino, que xogaba de defensa. Desenvolveu a maior parte da súa carreira en España.

Traxectoria Naceu o 24 de xullo de 1945 en Buenos Aires, sendo fillo dun pontevedrés e unha almeriense. Comezou a súa carreira en 1966 no CA Atlanta, no que xogou ata 1967, cando pasou ao Deportivo Español, club fundado por inmigrantes galegos.

Ese mesmo ano marchou a España para incorporarse ás filas do Sevilla FC. Xogou no club hispalense ata 1973, intercalando polo medio unha cesión ao Granada na tempada 1969/70. Co Sevilla disputou 149 partidos oficiais, nos que marcou 17 goles, e viviu dous descensos a Segunda División e un ascenso a Primeira.

En 1973 fichou polo Real Murcia, que militaba entón na Primeira División. Militou seis campañas no equipo murciano, sufrindo dous descensos consecutivos en 1975 e 1976. Pechou a súa carreira en 1981, despois de disputar unha última tempada co Águilas murciano na Terceira División.

Notas

Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Arxentinos de ascendencia galega Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Atlanta Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do Águilas CF