Tallink é unha compañía navieira estoniana que opera transbordadores-cruceiros no mar Báltico e buques ropax de Estonia a Finlandia, Estonia a Suecia e Finlandia a Suecia. É a navieira de pasaxeiros e carga máis grande na área do Báltico. É propietaria de Silja Line e dunha parte de SeaRail. Tallink Hotels ten catro hoteis en Talín. Tamén é copropietaria dunha empresa de taxis, Tallink Takso.

É unha empresa que cotiza na bolsa de valores de Talín. Un dos principais accionistas é unha empresa de investimento, AS Infortar, que tamén ten participación en varias filiais de Tallink e nunha empresa de gas natural, Eesti Gaas.

Historia

Antecedentes A historia da compañía que no presente se coñece como Tallink remóntase a 1965, cando a Estonian Shipping Company (ESCO) baseada na Unión Soviética comezou a realizar servizos de pasaxeiros entre Helsinqui e Talín co MS Vanemuine. Os servizos regulares de pasaxeiros durante todo o ano comezaron en 1986 co MS Tallinn, que operou a ruta ata que foi substituído polo novo MS Georg Ots en 1980.

1989-1992 miniatura|O MS Tallink orixinal en 1984|250x250px En maio de 1989, ESCO formou unha nova filial, a empresa conxunta Tallink, xunto coa finesa Palkkiyhtymä Oy. En decembro do mesmo ano ESCO e Palkkiyhtymä mercáronlle o MS Scandinavian Sky a SeaEscape, e o barco comezou a operar a ruta Talín-Helsinqui o 8 de xaneiro de 1990 como MS Tallink.Pagni, John (xaneiro de 2020), "Tallinn Ho!: Tallink at 30 Rules the Baltic", Ships Monthly: 20-21 Durante o seu primeiro ano de servizo o Tallink transportou 166 000 pasaxeiros. Posteriormente nese mesmo ano uníuselle o cargueiro MS Transestonia na ruta Talín-Helsinqui e Tallink foi establecido como o nome da empresa. Ao mesmo tempo ESCO aínda operaba o Georg Ots na mesma ruta, competindo coa súa compañía filla. Este conflito resolveuse en setembro de 1991 cando o Georg Ots resolveuse en setembro de 1991 cando o barco foi fletado a Tallink. A principios dos 90 o número de pasaxeiros na ruta Talín-Helsinqui aumentou constantemente, e durante os invernos entre 1992 e 1995 Tallink fletou o MS Saint Patrick II de Irish Ferries para incrementar a capacidade na ruta.

1993-2000 Tallink converteuse nunha empresa totalmente estoniana en 1993, cando Palkkiyhtymä vendeu as súas accións tanto da empresa Tallink como do MS Tallink a ESCO. Neste momento, outras compañías estaban a establecerse no lucrativo tráfico Helsinqui-Talín, incluída a Estonian New Line, propiedade da Inreko, con sede en Talín. ESCO e Inreko viron que non tiña sentido competir entre eles e en xaneiro de 1994 Tallink e Inreko Laeva AS usionáronse en AS Eminre. Tallink seguiu sendo o nome comercial da frota da compañía. Máis tarde no mesmo ano, Inreko comprou o MS Nord Estonia a EstLine (unha empresa filla de ESCO e da sueca Nordström & Thulin), cambiou o seu nome a MS Vana Tallinn e colocouna na ruta Helsinqui-Talín de Tallink. Inreko tamén mercou con eles dous hydrofoils rápidos, o HS Liisa e o HS Laura que comezaron a operar baixo a marca Tallink Express. En 1994 Tallink tamén intentou navegar de Estonia a Alemaña por primeira vez, utilizando os transbordadores MS Balanga Queen e MS Ambassador II na ruta Helsiqui-Tallín-Travemünde. miniatura|251x251px|MS Meloodia En setembro de 1994 as operacións de AS Eminre dividíronse en dúas compañías, unha que se encargou do tráfico cara Alemaña (que ao pouco tempo pechou) e AS Hansatee, que se encargou da ruta entre Helsinqui e Talín e tomou o nome de Tallink. ESCO era o principal socio de Hansatee, controlando o 45% das accións, mentres que Inreko tiña só o 12,75% (o restante 42,25% pertencía a Eesti Ühispank, Estonia). En 1995 Hansatee mercou o primeiro gran transbordador para a ruta Helsinqui-Talín cando fretou o MS Mare Balticum de EstLine e rebautizouno como MS Meloodia. Tras varias disputas entre ESCO e Inreko (sobre todo polo prezo do fretamento do Vana Tallinn), Inreko vendeu as súas accións en AS Hansatee a ESCO en decembro de 1996. Ao mesmo tempo Inreko vendeu os hydrofoils de Tallink Express a Linda Line, Estonia, e comezou a operar o Vana Tallinn na ruta Helsinqui-Talín co nome de TH Ferries.

En 1997 chegou un segundo gran transbordador cando a compañía fretou o MS Normandy fde Stena Line. Para substituír os hydrofoils perdidos Hansatee mercou un novo catamarán rápido en maio de 1997, bautizado como MS Tallink Express I. Nese momento estaba claro que se precisaban dous grandes transbordadores na ruta entre Helsinqui e Talín e cando o fretamento do Normandy rematou en decembro de 1997, Tallink mercou o MS Lion King a Stena Line, comezando a operar en febreiro de 1998 como MS Fantaasia. En xullo dese ano Tallink mercou o cargueiro MS Kapella que abriu unha liña dende Paldiski ata Kapellskär, a primeira ruta da compañía cara Suecia. En outubro o MS Tallink orixinal, que xa non podia cumprir coas regulacións modernas de seguridade, foi vendido. Dous meses despois Hansatee comprou o seu primeiro transbordador rápido capaz de transportar coches, o HSC Tallink AutoExpress.

2000-2006 miniatura|251x251px|MS Victoria I No ano 2000 ESCO converteuse no único dono de EstLine, e en decembro dese ano 2000 os dous transbordadores de EstLine, MS Regina Baltica e MS Baltic Kristina, foron fretados a Hansatee, comezando a comercializarse a liña entre Talín e Estocolmo como parte de Tallink. Uns poucos meses antes, en agosto de 2000, Hansatee pedira o seu primeiro barco totalmente novo, o transbordador-cruceiro para 2 500 pasaxeiros o MS Romantika, ao estaleiro finés Aker Finnyards. Este foi o primeiro barco dun programa para facerse con barcos de nova construción que entre 2001 e 2010 custou 1 200 millóns de euros. En xuño de 2001 Tallink mercou o HSC Tallink AutoExpress 2 e no seguinte mes EstLine quebrou.

En 2002 AS Hansatee cambiou o seu nome a AS Tallink Grupp, e en maio dese ano a compañía recibiu o MS Romantika, que foi colocado na ruta entre Talín e Estocolmo. En novembro do mesmo ano o clásico Georg Ots foi vendido ao goberno de Rusia. En 2004 uníronse tres novos barcos á frota de Tallink: os HSC Tallink AutoExpress 3 e HSC Tallink AutoExpress 4 e o irmán do Romantika, o MS Victoria I, que se colocou na ruta Talín-Estocolmo substituíndo ao MS Fantaasia, que á súa vez iniciou unha nova ruta desde Helsinqui ata San Petersburgo pasando por Talín. Esa ruta resultou pouco rendible e finalizou en xaneiro de 2005. Despois en 2005, Tallink pediu un barco irmán do MS Galaxy, que se recibiría pouco despois, e un transbordador ropax rápido a Aker Finnyards, así como outro transbordador ropax ao estaleiro de Fincantieri en Italia. O 9 de decembro de 2005, Tallink comezou a cotizar na Bolsa de Valores de Talín.

2006-2015 miniatura|250x250px|MS Baltic Princess En 2006 Tallink mercou as operacións no mar Báltico de Superfast Ferries do Attica Group, abriu unha ruta entre Riga e Estocolmo (co MS Fantaasia, que no prazo dun mes foi substituído polo MS Regina Baltica), recibiu o novo MS Galaxy que substituíu ao Romantika na ruta Talín-Helsinqui, transferiu o Romantika á ruta Talín-Estocolmo, e retirou o AutoExpress do servizo. Poucos meses despois a compañía mercou a rival finesa Silja Line de Sea Containers. A adquisición de Superfast e Silja custou 780 millóns de euros. En outubro de 2006 a compañía expresou o seu interese en facer unha oferta para operar transbordadores nas rutas subvencionadas polo Estado entre a illa sueca de Gotland e o continente sueco entre 2009 e 2015.

Dende principios de 2007 os antigos barcos de Superfast pasaron a usar a marca Tallink e comezaron a operar a ruta Tallín-Helsinqui-Rostock. En abril dese mesmo ano Aker Yards entregou o transbordador-cruceiro rápido MS Star que fora pedido en 2005. Coa entrega do Star, o Meloodia foi fretado ás Illas Baleares durante dez meses e despois foi vendido, e os AutoExpress 3 e AutoExpress 4 tamén foron retirados. En abril de 2007 Tallink pediu un terceiro barco da clase Galaxy a Aker Yards.

En 2008 chegaron dous novos barcos ao entregar Fincantieri o MS Superstar e Aker Yards o segundo da clase Galaxy, o MS Baltic Princess. Ámbolos dous barcos foron postos no servizo entre Helsinqui e Talín, e coa chegada do segundo retirouse desa ruta o derradeiro AutoExpress, o AutoExpress 2. Mentres tanto, o Baltic Princess substituíu ao Galaxy, que foi transferido á frota de Silja Line. Coa chegada do Galaxy o MS Silja Festival quedou sen uso na frota de Silja e foi transferido á frota de Tallink, uníndose ao Regina Baltica na ruta Riga-Estocolmo. No mes de novembro de 2008 o MS Superfast IX, un dos tres barcos mercados a Superfast Ferries en 2006, foi fretado ao operador canadense Marine Atlantic durante cinco anos. En abril de 2009 Tallink recibiu un novo barco, ao ser entregado por parte de STX Europe (o antigo Aker Yards) o MS Baltic Queen. O novo barco comezou a operar na ruta Talín-Mariehamn-Estocolmo xunto co Victoria I. O Romantika, que fora compañeiro do Victoria I dende 2006, foi á súa vez trasladado á ruta Riga-Estocolmo, onde substituíu ao Regina Baltica que á súa vez foi fretada a Acciona Trasmediterránea.

En decembro de 2009 informouse que a compañía estaba loitando para pagar as súas débedas de 1 100 millóns de euros. O exercicio fiscal rematado en agosto mostrou perdas operativas, e a compañía tivo que renegociar cos seus 15 bancos de financiamento os calendarios de amortización da débeda para os anos 2009-2011. Os bancos tomaron un papel máis controlador na empresa: xa non podía pagar dividendos, facer investimentos, ou asinar novos contratos sen a aprobación dos seus acredores. Tallink tamén tivo que acelerar o ritmo de amortización da débeda se as condicións melloraban e tivo que buscar opcións para vender ou alugar algúns dos seus barcos. A maioría das súas débedas orixináronse pola compra de Silja Line por 470 millóns de euros e Superfast Ferries por 310 millóns de euros.

En novembro de 2009, debido á presión dos seus principais competidores e polos altos prezos do combustible, Tallink retirou temporalmente o MS Superfast VII e o MS Superfast VIII do servizo entre Finlandia e Alemaña. Os barcos pasaron o inverno de 2009-2010 en Kopli, antes de reiniciar o servizo entre Helsinqui e Rostock en abril de 2010.

En marzo de 2011 confirmouse que os MS Superfast VIII e MS Superfast VII fretáranse a Stena Line por un período de tres anos, coa opción de ampliar o fretamento outro ano. Stena Line usou eses barcos no servizo entre Escocia e Irlanda do Norte. Os barcos serían entregados despois do final da tempada alta en agosto de 2011. Ata entón foron operados na súa ruta actual por Tallink.

2015-presente miniatura|251x251px|MS Megastar en Talín En febreiro de 2015 a compañía asinou un contrato para a construvión do seu primeiro barco alimentado con gas natural licuado, o MS Megastar, que dende xaneiro de 2017 comezou a proporcionar un servizo Talín-Helsinqui-Talín seis veces ao día.

En 2019 Tallink chegou a un acordo coa franquía de comida rápida Burger King para abrir restaurantes en Estonia, Letonia e Lituania, e, segundo o acordo, Tallink tería os dereitos exclusivos para xestionar os restaurantes Burger King nos estados bálticos durante 20 anos.

A finais de 2018 Tallink ordenou o seu segundo barco de gas natural licuado, o MS MyStar, que debía estar rematado a finais de 2019, pero atrasouse debido á pandemia de COVID-19. O barco sería finalmente entregado en decembro de 2022.

En marzo do ano 2020 Tallink realizou a súa derradeira viaxe dende Riga, a capital de Letonia, utilizando o MS Victoria I para navegar ata Estocolmo. A compañía anunciou o regreso da liña para abril de 2022, pero decidiu cancelala debido á situación xeopolítica causada pola pandemia de COVID-19 e a guerra de Ucraína.