Segismundo García Rodríguez, nado na Pontenova en 1951, é un empresario galego, propietario maioritario e administrador único do Grupo Sargadelos.
Traxectoria Estudou nos Xesuítas e posteriormente estudou tres carreiras.
A comezos da década de 1980 entrevistouse con Isaac Díaz Pardo e os seus asesores para comercializar cerámica de Sargadelos, cousa que non logrou. Abriu comercios en Ribadeo e na década seguinte converteuse en accionista na cerámica de Sargadelos, da que depende tamén a Cerámica do Castro e o Instituto Galego da Imaxe. Medrou en participación, e no 2008 entrou como conselleiro delegado, se ben posteriormente dimitiu por enfrontamentos internos. Volveu entrar coa empresa practicamente en quebra, e no 2018 inxectou máis dun millón de euros para reflotar a empresa, ó tempo que realizou vinte despedimentos e ameazou con máis. Despois de reflotar a empresa, acadou de novo beneficios no 2016.
O seu pai fora como correspondente de prensa de El Progreso, e o propio Segismundo publicou artigos en xornais como El Progreso e La Voz de Galicia. Co pseudónimo Umpo Eta publicou o poemario Sudario e a obra de teatro, Hirnaldo e Romualdo
Vida persoal
Casou con Juana Guzmán Suárez.
Obras
1997, Sudario. Ediciós do Castro, ISBN 978-84-7492-830-3. 1999, Hirnaldo e Romualdo. Ediciós do Castro, ISBN 978-84-7492-949-2.
Notas
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados na Pontenova Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes