miniatura|Portada do Libro da Memoria miniatura|Contraportada do Libro da Memoria O Libro da Memoria é unha iniciativa educativa do CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela, creado no curso 2017-18. O seu obxectivo é que o alumnado descubra, valore e participe activamente na súa propia cultura a través da tradición oral galega.
Características
Inicialmente desenvolveuse no segundo ciclo de Educación Infantil coa colaboración das familias, para levar a cabo unha compilación de arrolos, trabalinguas, ditos e outros textos transmitidos oralmente. No curso 2021/22 ampliouse a outros niveis educativos baixo a coordinación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. Este libro destaca a importancia da oralidade na educación, xa que os textos recollidos axudan ao desenvolvemento da linguaxe, o ritmo e a expresión emocional, ademais de integrarse nos xogos infantís tradicionais.
Está enmarcado dentro do proxecto Sentindo en Feminino, que pon en valor o papel fundamental da muller como transmisora da cultura e garante da continuidade da tradición oral ao longo do tempo.
Véxase tamén
Ligazón externas
Libro da Memoria
Categoría:Pedagoxía