Las niñas é unha película española de 2020, escrita e dirixida por Pilar Palomero, sobre o paso da nenez á adolescencia e os contrastes entre a educación feminina e a contorna da época das protagonistas. Na 35ª edición dos Premios Goya 2021 obtivo os premios correspondentes a mellor película, mellor dirección novel, mellor guión original e mellor dirección de fotografía.
Sinopse A historia transcorre en Zaragoza no ano 1992. O espazo educativo das nenas protagonistas é común, un colexio de monxas, pero a contorna familiar é diferente: fronte ao considerado convencional, pai e nai casados, sitúase o caso de Celia, que vive soa coa súa nai, o que lle causa unha certa marxinalidade, situación que contrasta cos aires de modernidade que se respiran nun ano de grandes eventos internacionais en España: os Xogos Olímpicos de Barcelona e a Exposición Universal de Sevilla de 1992.
Notas
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua catalá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Pilar Palomero Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes gañadores do Premio Goya á mellor película