Severino Jares Arias, nado en Viana do Bolo o 9 de abril de 1896, foi un político galego.

Traxectoria Afiliado á UGT, foi presidente da Casa do Pobo de Viana do Bolo. Na Segunda República foi concelleiro de Viana do Bolo logo do triunfo da Fronte Popular das eleccións de febreiro de 1936, e foi elixido terceiro tenente alcalde. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 conseguiu fuxir e exiliouse en Francia. Solicitou asilo en México en marzo de 1939.Solicitudes de asilo en México Finalmente marchou á República Dominicana no barco Cuba arribando a Ciudad Trujillo o 11 de xaneiro de 1940. Desde alí foi a Caracas e en abril de 1941 chegou a Brasil. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Severino Jares Arias. Dilixencias incautatorias instruídas no partido xudicial de Viana do Bolo.

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Concelleiros de Viana do Bolo

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego

Categoría:Nados en Viana do Bolo

Categoría:Nados en 1896