Isaac González Rodríguez, nado en Cereixido (Quiroga) cara a 1893, foi un xastre e político galego.

Traxectoria

Xastre instalado no Bolo a mediados de 1933. Militante do Partido Comunista de España. Mantivo contactos con Manuel Gómez del Valle e organizou un mitin no Bolo na campaña electoral de febreiro de 1936 no que participaron Gómez del Valle e Anuncia Casado. Logo das eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro e elixido tenente alcalde na corporación presidida por Abdón Fernández Fernández. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Entregouse ás autoridades franquistas en 1939. Foi xulgado en Ourense por auxilio á rebelión e condenado a 20 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Ourense, de onde saíu en liberdade condiconal en maio de 1942.BOE, 19-5-1942, p, 3513-3514. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas, que foi sobresido.

Vida persoal Casou en Fontei (A Rúa) con Julia Rodríguez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Isaac González Rodríguez.

Dilixencias incautatorias instruídas no partido xudicial de Viana do Bolo.

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Concelleiros do Bolo Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados en Quiroga

Categoría:Nados en 1893

Categoría:Finados en ano descoñecido