José Cipriano Durán Fraguela, nado en Cedeira en 1907 e finado en Ferrol o 18 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Secretario de Izquierda Republicana de Cedeira.Militantes históricos IR Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Cedeira e elixido tenente de Alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes políticos e sindicais de Cedeira. Xulgado en consello de guerra en Ferrol o 4 de decembro na causa 296/36 por rebelión militar, foi condenado á pena de morte.Homenaxe aos represaliados de Cedeira en Ferrol Foi executado no castelo de San Filipe o 18 de decembro canda Manuel Fernández Freijeiro, Enrique Alonso Teijeiro, Ginés Fernández Rodríguez, Miguel Fernández Santos, Antonio Castillo Domínguez, Rufino Redondo Senra, Isaac Forneiro Varandela, Antonio Iglesias Freire, Enrique Martínez Teijeiro, Francisco Rodríguez N., José Lago Beceiro, Adolfo Bouzón Teijeiro e Antonio Ameneiro Brage.El Correo Gallego, 19-12-1936, p. 2.El Compostelano, 19-12-1936, p. 2.

Notas

Categoría:Concelleiros de Cedeira Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cedeira Categoría:Finados en 1936

Categoría:Nados en 1907 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos