John Philip Sousa, nado en Washington, D. C o 6 de novembro de 1854 e finado o 6 de marzo de 1932, foi un músico e compositor estadounidense, e eventualmente militar e luthier, autor de varias das marchas máis coñecidas dos Estados Unidos de América. Colaborou no desenvolvemento do "sousaphone" ou "sousafón", un grande instrumento de metal semellante ao helicón e á tuba.
Traxectoria
Orixe e formación O seu pai era de ascendencia portuguesa e a súa nai de orixe bávara.
Sousa comezou a súa carreira tocando o violín e estudando solfexo e composición con John Esputa e George Felix Benkert; ademais estudou piano, canto e diversos instrumentos de vento-metal.
O seu pai, que era trombonista na Banda dos Marine Corps dos Estados Unidos, enrolouno como aprendiz nesa banda en 1868. Sousa deixouna en 1875 e, durante os seguintes cinco anos, actuou como violinista e aprendeu a tocar todos os instrumentos de vento e a dirixir orquestras. En 1880 Sousa reincorporouse á Banda da Mariña e exerceu nela durante 12 anos como o seu director. En 1892 deixou a banda militar para organizar a Banda Civil de Sousa. Desde 1880 até a súa morte, Sousa dedicouse exclusivamente á dirección e á composición musical.
Obras Escribiu marchas militares e outras músicas patrióticas, a opereta El Capitan e outras composicións para entidades como o Smithsonian Institution.
Algunhas das súas obras máis coñecidas son "Semper Fidelis " (a marcha oficial do Corpo de Mariña dos Estados Unidos), "The Stars and Stripes Forever " (a Marcha Nacional dos Estados Unidos de América) e "The Washington Post".
Pasamento Sousa morreu de insuficiencia cardíaca en Reading, Pensilvania. Está enterrado no cemiterio do Congreso en Washington, DC.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Marcha (música) Ligazóns externas The Sousa Archives: A Center for American Music The Works of John Philip Sousa – Arquivos midi Partituras PDF transcriptas para piano Marchas en Mp3 pola banda da Forza Aérea dos Estados Unidos
Categoría:Directores de orquestra dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 1932 Categoría:Nados en 1854 Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia portuguesa Categoría:Nados en Washington, D.C.