A praza da Concatedral ou praza da Igrexa é unha praza situada no centro histórico da cidade de Vigo. Recibe esa denominación por se situar nela a Concatedral de Santa María de Vigo, templo católico que desde 1959 ten a consideración de concatedral, compartindo a sé catedralicia da diocese de Tui-Vigo coa catedral de Tui, e, dende 2020, tamén a de basílica. Tamén é coñecida popularmente como A Colexiata.
Historia Existen evidencias de que no terreo onde se localiza a praza da Igrexa existitu unha necrópole galaicorromana, como atestemuña un sartego funerario atopado nos alicerces dun edificio entre a propia praza e a rúa Real. Ditas evidencias concordan coa existencia temperá dun edificio relixoso na praza, xa que, a diferenza da romanización, na Idade Media cristiá os cemiterios adoitaban congregarse a carón das igrexas e adros.
Durante a Idade Media, a praza da Igrexa e a súa lindeira, a praza da Pedra, foi o lugar onde se celebraban reunións comunais, así como eleccións a cargos locais de por aquel entón, no que poderíase denominar coma unha especie de foro:
Arquitectura e urbanismo A praza da Concatedral ten unha extensión duns 150 metros cadrados, chan en lousado en pedra, e unha disposición en inclinada froito da pendente da ladeira das rúas que baixan desde a praza da Constitución á Laxe e o Berbés. A parte máis elevada da praza parte da rúa Triunfo, unha rúa peonil e de restauración que conecta a praza da Constitución coa praza da Igrexa. Esta parte máis elevada baixa en pendente até confluír coa rúa Real, e continúa descendendo até a praza da Pedra. Na súa parte inferior conecta coa rúa da Oliva.
Outra das características arquitectónicas da praza é a discordancia entre a pendente existente na praza e o nivel horizontal do adro da Concatedral, o que resulta nunha conexión mediante escadas que conectan co resto da praza, dando unha sensación de dúas alturas.
Ademais da Igrexa, na praza atópanse varias construcións de claro estilo medieval, de entre unha e tres alturas, edificadas en pedra, xeralmente granítica e con soportais onde se realizaban actividades comerciais. Tamén son habituais os balcóns.
Na parte inferior da praza atópase unha oliveira, coñecida como a Oliveira da Colexiata.
A Concatedral A basílica que preside a praza recibe a meirande parte do protagonismo da praza.
O templo gótico, existente entre o século XV e o XIX, estaba formado por unha nave central e unha serie de naves laterais coroadas con bóvedas de cantaría. O tímpano de entrada representaba a Anunciación máis a Adoración do Magos."Tímpanos medievales", en El Museo de Pontevedra III (1944-45), 2000 (2ª ed), px. 12ss. "La Diputación encarga una réplica del tímpano de la antigua colegiata de Santa María" O altar maior estaba formado por un retablo dourado que representaba a Santa Trindade e a Asunción da Virxe coroado por un crucifixo de vidro. Detrás do altar había un pequeno nicho ou camarín cunha imaxe da Virxe.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Miguel Martínez López (1996). "Historias sociales, urbanas y mediáticas del casco histórico de Vigo" (pp. 313–338), en Castrelos, 9-10.
Outros artigos Praza da Pedra (Vigo) Concatedral de Santa María de Vigo
Categoría:Prazas de Vigo