José Villar Lafuente, nado nas Neves o 3 de agosto de 1902 e finado en Ourense o 21 de maio de 1941, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria Fillo de Sebastián Villar e Perfecta Lafuente. Tiña cinco irmás: Amalia, Flora, María, Consuelo e Carmen. Militante do Partido Comunista de España (PCE). Foi nomeado axente executivo de recadación do Concello de Canedo en 1930.Galicia, 12-10-1930, p. 2. Foi detido e procesado en xullo de 1934 acusado de participar no tiroteo de varios mozos das Juventudes Católicas,Galicia, 3-7-1934, p. 6. no que resultou morto uns meses despois José Miranda Cabo (irmán do secretario provincial das Juventudes de Acción Popular, Antonio Miranda Cabo). Porén, o auto de conclusión do sumario revocouse ata en tres ocasións, confirmándose á cuarta, pero sen sentenza, posiblemente por ter sido declarado en rebeldía na causa 1365/36 tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Dende entón estivo sometido a estreita vixilancia pola policía e converteuse nunha das "bestias negras" da dereita local. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido en Tui en decembro de 1934.El Pueblo Gallego, 27-12-1934, p. 11. Resultou ferido nun incidente con fascistas no café La Bilbaína de Ourense o 7 de xuño de 1936 no que foron asasinados José Nóvoa Nóvoa e Julio Navares Castro, comunista e socialista, respectivamente.El Eco de Santiago, 8-6-1936, p. 2.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Novamente procesado en 1941 na causa 389/41 xunto con Carlos Luis Novoa Varela, foi morto polas forzas do Rexemento de Infantería 88 o 21 de maio de 1941 a raíz dunha denuncia dunhas mulleres que avisaron as forzas de seguridade de que viña de ferir un paisano que o seguía despois de atracar un veciño das Curuxeiras (Seixalbo) no lugar de Soutoverde. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.BOE, 7-11-1941, p. 4083.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Secundino Fernández Gómez, Armando Fernández González, Miguel Formigo Vázquez, Ceferino Fuentes Pérez, Cástor Gómez Pérez, José Guede Franco, Ramón Iglesias Mar, Alfonso Gayoso Frías, Julio Navares Castro e José Villar Lafuente.

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados nas Neves Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1941