Trosa é un concello sueco no condado de Södermanland. A súa capital e a localidade de Trosa.

A meirande parte do concello está cuberto de bosque. Porén, na parte continental do municipio hai grandes áreas agrícolas. O arquipélago de Trosa está formado por bosques e pastos. Nalgúns lugares, a antiga pedra calcaria deu lugar a unha rica flora. A súa condición costeira facía que anteriormente a súa economía estivese dominada por industrias relacionadas. Porén, estas foron substituídas posteriormente por un sector empresarial máis diferenciado no que o turismo, o comercio e as industrias de servizos xogan un papel importante.

Dende a fundación do concello en 1992 a tendencia de poboación ten sido positiva, contando con 14 927 habitantes en 2024.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Södermanland