Sandviken é un concello sueco situado no condado de Gävleborg. A súa capital é a localidade de Sandviken.

O municipio está dominado por terreos forestais, aínda que tamén hai unha gran cantidade de turbeiras. Os cursos máis baixos do río Dal dominan as partes sur do accidentado municipio. A tradición industrial no concello remóntase á década de 1860. A principios da década de 2020, esa tradición está representada polo empregador dominante do municipio, Sandvik AB, unha compañía multinacional con máis de 40 000 empregados.

Dende a fundación do concello en 1971 e ata 2005 a poboación disminuiu, pero posteriormente a tendencia cambiou e o número de habitantes aumentou ata chegar a 38 360 habitantes en 2024.

Xeografía O concello de Sandviken está situado no sur da provincia histórica de Gästrikland. Ao sur o limita co municipio de Heby, no condado de Uppsala, e co de Sala, no condado de Västmanland, ao oeste co de Hofors, no condado de Gävleborg, e cos de Avesta e Falu en Dalarna. Ao norte limita co municipio de Ockelbo e ao leste co de Gävle, os dous en Gävleborg. Na parte sur do municipio o río Dalälven flúe en dirección oeste-leste.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Gävleborg