Agnes Ravatn, nada en Ølen o 8 de febreiro de 1983, é unha novelista, columnista e xornalista norueguesa.
Traxectoria Ravatn traballa para o xornal Dag og Tid, editado en nynorsk. Publicou a súa primeira novela, Veke 53 (en galego, "A semana 53"), en 2007. En 2009, saíu do prelo unha serie de ensaios, Stillstand ("A parada"). O seu segundo libro de ensaio, Folkelesnad ("Lectura pública"), recolle textos publicados en diversas revistas norueguesas.
A súa novela máis recoñecida, Fugletribunalet ("O tribunal dos paxaros", 2013), foi traducida en numerosas linguas. Tivo unha adaptación ao teatro, interpretada durante dous anos no Det norske teatret. A data de 2017, está a producirse unha película baseada na obra.
Tras mudarse a Valevåg, en Sunnhordland, ao oeste de Noruega, Ravatn escribiu unha novela autobiográfica, Verda er ein skandale ("O mundo é un escándalo", 2017). Trátase dunha descrición do traslado da súa familia a unha pequena granxa abandonada do rural, xunto cunha entrevista ao seu veciño e escritor Einar Økland. Esta obra apareceu por capítulos en Dag og Tid.
Publicacións Ensaios Stillstand ("A parada", 2009). Folkelesnad ("Lectura pública", 2011). Operasjon Sjølvdisiplin ("Operación autodisciplina", 2014). Verda er ein skandale ("O mundo é un escándalo", 2017). Stoisk uro -og andre filosofiske smular ("O malestar estoico e outras migallas filosóficas", 2018).
Novelas e outros Veke 53 ("A semana 53", 2007). Ikke til hjemlån ("Non se pode emprestar", 2008). Fugletribunalet ("O tribunal dos paxaros", 2013) Ikkje ("Non", 2013). Dei sju dørene ("As sete portas", 2019). Gjestene ("Os invitados", 2022).
Premios 2007: Premio Bergen ao mellor libro por Veke 53. 2008: Fondo Alfred Andersson-Ryssts. 2008: Premio da Cultura do Consello do Condado de Rogaland. 2011: Premio da lingua norueguesa. 2013: Premio xornalístico Arne Hestenes. 2014: Premio da crítica da mocidade, por Fugletribunalet. 2014: Premio de novela P2 dos oíntes, por Fugletribunalet. 2014: Premio de novela dos blogueiros, por Fugletribunalet.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Escritores en lingua norueguesa Categoría:Escritores de Noruega