Radio Bemba Sound System é un álbum ao vivo de Manu Chao que foi lanzado en 2002. É o CD que acompaña o DVD Babylonia en Guagua da actuación en directo do intérprete, filmado durante dúas noites (4 e 5 de setembro) en 2001 durante a xira de Proxima Estación: Esperanza. Moitas das cancións que se atopan en Radio Bemba Sound System, como "Machine Gun", "Peligro", "Mala Vida", "King Kong Five" e "The Monkey", son cancións gravadas orixinalmente pola anterior banda de Manu Chao, Mano Negra. Porén, os arranxos interpretados con Radio Bemba Sound System están máis orientados ao reggae, ska e rock. O disco está secuenciado e editado de tal xeito que hai moi pouco ruído de público e vítores entre os temas, dando así a impresión dunha festa alegre toda a noite -que se acouga no penúltimo tema ("Minha Galera") para volver estoupar no último ("Promiscuity"); os aplausos ao final de "Promiscuity" están acurtados por un esvaecemento moi temperán.

Lista de cancións

"Intro" – 0:50 "Bienvenida a Tijuana" – 01:55 "Machine Gun" – 02:13 "Por Dónde Saldrá el Sol?" – 02:41 "Peligro" – 03:09 "Welcome to Tijuana" – 02:50 "El Viento" – 02:41 "Casa Babylon" – 02:34 "Por el Suelo" – 03:55 "Blood and Fire" – 02:35 "EZLN... Para Tod@s Todo..." – 01:41 "Mr. Bobby" – 03:36 "Bongo Bong" – 01:05 "Radio Bemba" – 00:20 "Qué Pasó Qué Pasó" – 00:54 "Pinocchio (Viaggio In Groppa Al Tonno)" – 00:45 "Cahí en la Trampa" – 02:10 "Clandestino" – 02:59 "Rumba de Barcelona" – 03:31 "La Despedida" – 04:02 "Mala Vida" – 02:26 "Radio Bemba" – 00:34 "Qué Pasó Qué Pasó" – 01:10 "Pinocchio (Viaggio In Groppa Al Tonno)" – 00:45 "La Primavera" – 03:32 "The Monkey" – 01:59 "King Kong Five" – 02:44 "Minha Galera" – 03:17 "Promiscuity" – 01:44

Categoría:Álbums musicais de 2002 Categoría:Álbums de Manu Chao