Saraṇa Bhikkhu (en , en ; nome secular: Jan Šťovíček;Krivoshey, N. (2016-01-24). Benefits of a monastery: Story of Ashin Saraṇa. ServiceSpace. https://www.servicespace.org/blog/view.php?id=18542 nado en 1987, é un monxe theravāda e instrutor de meditación checo.Neste nome pali, Bhikkhu non é un apelido senón o descritor xenérico para monxes budistas. A verba tamén se pode atopar antes do nome propio (cf., Bhikkhu Bodhi).Kid’s Mettā. (n.d.). Spiritual teachers. http://www.kidsmetta.org/foundation-members.html

Traxectoria Šťovíček naceu e medrou en Plzeň. Nun principio interesouse no cristianismo católico, a relixión histórica dos checos, mais adquiriu un interese máis profundo no budismo. Na súa adolescencia, decidiu que se ordenaría como monxe cando fose adulto. Despois de rematar o ensino secundario na República Checa, traballou como representante comercial para United Philips Cable (UPC).Šťovíček, J. (2020-03-28). Ashin Saraṇa on his spiritual journey from Czech Republic to Myanmar [Entrevista]. Insight Myanmar. https://www.insightmyanmar.org/complete-shows/2020/3/25/episode-6-ashin-sarana/ Declinando a oportunidade de recibir un ensino universitario no Reino Unido financiada polo seu pai, mudouse a Sri Lanka en 2008. O 5 de maio do mesmo ano, ingresou no noviciado. Matriculouse despois na Universidade Budista e Pali de Sri Lanka.

O 19 de maio de 2012,Ministerio de Información. (2019-06-02). Reviewing Myanmar–Czech relations. República da Unión de Birmania. https://www.moi.gov.mm/moi:eng/?q=content/reviewing-myanmar-czech-relations o novizo Šťovíček mudouse a Myanmar. Alí o 1 de xullo recibiu a ordenación plena como bhikkhu ou monxe. Tamén en Myanmar recibiu o título de a.hrang ("señor", အရှင် na escrita birmana; a miúdo ashin en transliteracións inglesas).

Obras Escribiu dous dicionarios trilingües: un dicionario cingalés–inglés–checo e un dicionario birmano–inglés–checo.Šťovíček, J. (2012). Sinhálsko–česko–anglický, anglicko–sinhálsko–český, česko–sinhálsko–anglický cestovatelský slovník.Šťovíček, J. (2012). Burmese–English–Czech, English–Burmese–Czech, Czech–Burmese–English Students’ Dictionary.

Notas

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Plzeň Categoría:Monxes budistas Categoría:Lexicógrafos