miniatura|Ovo de Cuculus canorus bangsi nun niño de Curuca deserticola - MHNT A papuxa do Atlas (Curruca deserticola, antes Sylvia deserticola(en) Tianlong Cai, Alice Cibois, Per Alström et Robert G. Moyle, « Near-complete phylogeny and taxonomic revision of the world’s babblers (Aves: Passeriformes) », Molecular Phylogenetics and Evolution, vol. 130,‎ xaneiro de 2019, p. 346–356 (DOI 10.1016/j.ympev.2018.10.010, ler en liña [arquivo], consultado o 14 de xullo de 2022)) é unha especie de ave paseriforme da familia Sylviidae que vive no noroeste de África.

Descrición miniatura|Papuxa do Atlas. Cunha lonxitude de 11,5 a 12,5 cm, a papuxa do Atlas é unha das papuxas máis pequenas. A cola é relativamente longa, pero máis curta que a da papuxa do mato e ten cobertoiras caudais superiores grises. As patas son de cor area. A coloración da plumaxe é moi similar á papuxa tomiñeira. As ás son de cor marrón enferruxado, o anel ocular é branco. Os flancos son de cor vermello ladrillo. A cabeza é gris azulada.Lars Svensson (Text, Karten), Killian Mullarney, Dan Zetterström (Illustrationen und Bildlegenden): Der Kosmos Vogelführer: alle Arten Europas, Nordafrikas und Vorderasiens. 2. Auflage. Kosmos, Stuttgart 2011, ISBN 978-3-440-12384-3, S. 310 f. (schwedisch: Fågelguiden. Übersetzt von Peter H. Barthel).

Nos machos en plumaxe reprodutora a gorxa e peito tamén son vermellos ladrillo e o gris da cabeza esténdese ata as ás, o dorso e a cola. Na plumaxe non reprodutora a gorxa e o peito son claros. As femias en plumaxe non reprodutora son de cor similar ao dos machos, mais teñen un iris escuro e os machos vermello.

Os xoves teñen unha gorxa monocromática beixe claro e son de cor marrón beixe na cabeza e dorso, que difire do marrón agrisado oliva da papuxa tomiñeira. As súas cobertoiras caudais superiores son beixes-marróns.

Distribución e hábitat

Como o seu nome indica cría na cordilleira do Atlas, ata os 1600 m de altura e pasa o inverno algo máis ao sur, en rexións de mato semiárido ata a beira do deserto. Está distribuída por Marrocos, Alxeria, Tunisia, leste de Libia, Mauritania e o Sáhara Occidental.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Sílvidos Categoría:Animais descritos en 1859