Manuel Chicharro Bisi,Na necrolóxica de El Compostelano o segundo apelido aparece como "Bisí"; no Boletín Oficial da provincia da Coruña de 1870 aparece como "Visi" (18 de agosto) e como "Vissi" (5 de setembro). nado na Coruña o 29 de agosto de 1849 e finado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1924, foi un fotógrafo galego.

Traxectoria miniatura|esquerda|Cicharro colaborou con Café con Gotas. Comezou a súa carreira aos 14 anos no estudio de Luis Sellier, exerceu como operador de Mariano Bordoy e asociouse con Ulisse Ferrant, instalado no Ferrol. En 1877 abriu un estudio en Santiago de Compostela, primeiro no nº 34 da rúa Nova e en 1907 mudouse á rúa do Vilar.

Retratou os fondos artísticos e documentais do Museo Catedralicio de Santiago de Compostela, incluído o Códice Calixtino. En 1884 publicou a obra Compostela monumental, un porfolio de vinte e catro imaxes da cidade con textos do historiador Bernardo Barreiro. A obra considérase o primeiro libro de fotografías impresas editado por un fotógrafo galego en Galicia. Retratou tamén a chegada á cidade de personalidades e mais a Exposición Rexional de 1909.

Algunhas das súas fotografías foron premiadas en eventos como a Exposición Universal de Filadelfia de 1876, a Exposición Universal de París de 1889 ou a Exposición Mundial Colombiana celebrada en Chicago en 1893. Colaborou con publicacións como a revista pontevedresa Galicia Moderna ou Café con Gotas. Posuíu o título honorífico de fotógrafo da casa real, outorgado por Afonso XII de España.

Foi membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e interviu de forma activa na vida política municipal compostelá. En 1891 foi elixido concelleiro pola candidatura liberal dinástica de Montero Ríos.

O seu arquivo, que inclúe fotografías realizadas entre 1877 e 1921, consérvase no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

Distincións Cruz da Orde de Isabel a Católica. Vida persoal

Casou con Francisca Robelo Vega (1848-1920) e foi pai de seis fillos, entre eles Luis Chicharro Robelo (1886-1962), que continuou co estudio fotográfico e despois pasou a traballar en El Correo Gallego.

Galería de imaxes

miniatura|640px|center|Compostela monumental (1884), con fotografías de Chicharro e textos de Barreiro, en PDF.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos José Sellier Felipe Prósperi Andrés Cisneros Pereiro Ligazóns externas "Carlos Castelao: "Os Chicharro non querían facer fotografía monumental, senón ser testemuñas da transformación da cidade"" (29/1/2025). g24.gal.

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1849 Categoría:Finados en 1924 Categoría:Fotógrafos de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración