Filemón (latín: Philemon, grego antigo: Φιλήμων) foi un gramático e lingüista grego nado en Atenas, autor dunha obra ou obras sobre o dialecto ático, citado baixo os títulos de Αττικαὶ λέξεις ("Attikái Lékseis" o xeito ático de falar), Αττικαὶ φωναί ("Attikái Phonái" a forma àtica de dicir), ̓Αττικὰ ὀνόματα ἢ γλω̂σσαι (Attiká onómata é glóssai" a pronuncia e as palabras áticas), περὶ ̓Αττικω̂ν ὀνομάτων ("Perì Attikôn onomáton" sobre palabras áticas). Traxectoria Ateneo de Naucratis menciona un libro co título παντοδαπω̂ν χρηστηρίων ("Pantodapôn Khresteríon" Préstamos de todas as fontes) que podería formar parte da mesma obra. Ateneo tamén cita outras pasaxes que demostran o coñecemento de Filemón do dialecto ático, e di que tamén coñecía a lingua latina. Quedan poucos fragmentos, pero o Etymologicum Magnum cítao con frecuencia5.Philemon en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 265. Notas
Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Gramáticos