Canal Red (estilizado como Canal R(e)D) é unha canle de televisión en castelán que emite en aberto por internet e TDT. Dirixida dende a súa inauguración en marzo de 2023 por Pablo Iglesias Turrión, está financiada por micromecenado. A canle céntrase en cubrir novas relacionadas coa actualidade política de España e América Latina.

Historia Logo de dirixir outros proxectos televisivos como Fort Apache en HispanTV, La Tuerka en Tele K, Otra vuelta de tuerka en Público TV, ou o programa La Base, en novembro de 2022, Pablo Iglesias lanzou unha campaña de micromecenado para financiar o proxecto de Canal Red, dividida en dúas fases. Na primeira (novembro de 2022) recadaron máis de 180.000 euros e na segunda (xaneiro de 2023), máis de catrocientos mil euros. Dende entón, a canle recibe suscricións de apoio.A canle recolle dous programas xa en marcha anteriormente, La Base e En la Frontera, os cales xa se transmitían en aberto no xornal Público e na súa canle de YouTube. Ademais, engadiu programas novos (El Tablero, Noticias Básicas, CaféInna'', entre outros).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de canalred.tv

Categoría:Medios de comunicación de España