Antonio Jiménez Millán, nado en Granada o 11 de setembro de 1954 e finado en Málaga o 24 de xaneiro de 2025, foi un filólogo, crítico e poeta español en lingua castelá e investigador da poesía galega e catalá.

Traxectoria

Primeiros anos, formación e docencia O seu pai foi un militar franquista, con quen Antonio tivo diversas desavinzas. Chegou a cambiar o apelido paterno de Giménez, polo de Jiménez. Tras licenciarse en Filoloxía Románica na Universidade de Granada (1971-1976), trasladouse a Málaga en outubro de 1976, onde foi contratado como profesor axudante do Departamento de Filoloxía Románica da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Málaga, e onde foi profesor titular (1984) e catedrático (2009).

Carreira literaria A súa carreira literaria comezou cando tiña dezanove anos e morreu o seu pai. A súa obra está influenciada por autores moi diversos: clásicos latinos e gregos, autores contemporáneos como: Antonio Machado, Luis Cernuda, Jaime Gil de Biedma, Carlos Barral, Pier Paolo Pasolini ou Cesare Pavese.

A súa poesía, de ámbito urbano, aparece apegada ao poema en prosa seguindo a tradición da poesía de vangarda, que estudara previamente.

Edición crítica de poesía galega Jiménez Millán explorou tamén a poesía doutras literaturas peninsulares. En 1996, colaborou co filólogo e crítico galego Luciano Rodríguez Gómez na dirección da edición de "Poesía gallega contemporánea", publicada no número monográfico sobre Galiza da revista Litoral, titulado Galicia: a rosa dos ventos. O volume incluía un artigo do propio A. J. Millán titulado «Finisterre, viejo mundo», alén de poemas de Luis Pimentel, Fermín Bouza-Brey, Manuel Antonio, Ramón Cabanillas, Lorca e Rosalía entre outros autores, e artigos de críticos, escritores e filólogos galegos.

Pasamento Antonio faleceu o 24 de xaneiro de 2025 en Málaga, aos setenta anos, como consecuencia dun cancro.

Obra

Escolma

Los poemas de Picasso (1983)

La poesía de Rafael Alberti (1984) Vanguardia e ideología (1984) Poesía catalana contemporánea (1993) Entre dos siglos. Estudios de literatura comparada (1995) Poesía gallega contemporánea (1996, en colaboración con Luciano Rodríguez) Madrid fin de siglo. Modernismo, bohemia y paisaje urbano (1998) Promesa y desolación. El compromiso en los escritores de la generación del 27 (2001) Amor y tempo. A poesía de Joan Margarit (2005).

Tamén realizou edicións críticas da obra literaria de Pablo Picasso (Poemas y declaraciones, 1990), da novela de Louis Aragon, Aniceto o el panorama (1989) e do libro de Luís Cernuda Donde habite el olvidonde habite el olvido (2003). En La mirada infiel. Antología 1975-1985 (1987) atópase unha selección dos seus primeiros libros de poemas.

Último recurso Poemas del desempleo Restos de niebla (1983) Inventario del desorden (2003) Dominio de la herrumbre Clandestinidad (2011)

Premios

Premio Internacional de Poesía Federico García Lorca (1976) Premio Generación del 27 Premio Internacional de Poesía Rey Juan Carlos (1987), por Ventanas sobre el bosque. Premio Ciudad de Melilla (2003), por Inventario del desorden. Premio Hermanos Machado (2022), outorgado polo Concello de Sevilla por Noche en París.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Literatura castelá Literatura española Xeración dos 70 Literatura galega Literatura catalá

Categoría:Profesores da Universidade de Málaga Categoría:Alumnos da Universidade de Granada Categoría:Nados en Granada Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2025