O 29 de xaneiro de 2025 un avión de pasaxeiros Bombardier CRJ701ER operando o voo 5342 de PSA Airlines (comercializado como voo 5342 de American Eagle en nome de American Airlines) chocou cun helicóptero Sikorsky UH-60 Black Hawk do Exército dos Estados Unidos cando estaba na aproximación final ao aeroporto nacional Ronald Reagan de Washington no condado de Arlington, Virxinia. Os dous aparellos caeron ao río Potomac tras a colisión no aire, matando aos 67 ocupantes dos dous aparellos.

É o primeiro accidente con vítimas mortais de American Airlines dende o voo 587 o 12 de novembro de 2001; o primeiro con mortos dun avión de pasaxeiros con rexistro civil estadounidense dende o voo 3407 Colgan Air o 12 de febreiro de 2009; o primeiro accidente fatal dunha aeronave de pasaxeiros nos Estados Unidos dende o voo 214 de Asiana Airlines o 6 de xullo de 2013; e o primeiro grande accidente dun avión civil en 2025.

Avións miniatura|253x253px|O CRJ accidentado en 2022 O avión que operaba o voo 5342 de PSA Airlines era un Bombardier CRJ-701ER, un reactor rexional usado habitualmente para voos de curto a medio alcance. O aparello fora fabricado en setembro de 2004 e estaba rexistrado como N709PS. O avión fora transferido a American Eagle en decembro de 2013 tras a fusión de US Airways e American Airlines. O voo, operado por PSA Airlines, saíu de Wichita, Kansas, e estaba de camiño ao aeroporto nacional Ronald Reagan de Washington (DCA). miniatura|251x251px|O helicóptero accidentado fotografado en 2018 O helicóptero, un Sikorsky UH-60 Black Hawk con rexistro 00-26860, estaba operado polo Exército dos Estados Unidos baixo o indicativo PAT25, indicando un voo de Transporte Aéreo Prioritario usado normalmente para executivos ou altos cargos dos Estados Unidos. Porén, no momento do accidente non había altos cargos a bordo. O helicóptero, que pertencía á Compañía B do 12° Batallón de Aviación, saíra de Fort Belvoir, Virxinia, e estaba nun voo de adestramento cando ocorreu a colisión.

Pasaxeiros e tripulacións O avión de pasaxeiros levaba 60 pasaxeiros e 4 tripulantes, e o helicóptero tiña unha tripulación de 3 militares.

O capitán do CRJ, Jonathan Campos, traballara seis anos na aeroliña, e o primeiro oficial, Samuel Lilley, dous anos.

No helicóptero voaban tres membros do Exército:

A capitá Rebecca Lobach, de 28 e procedente de Durham, Carolina do Norte, pilotaba o aparello e estaba realizando o seu voo nocturno de avaliación anual. No momento do accidente tiña máis de 450 horas de voo.

Un avaliador para a piloto, o suboficial xefe de grao 2 Andrew Eaves, de 39 anos e procedente de Great Mills, Maryland, que era o piloto supervisor. O xefe da tripulación, o sarxento de persoal Ryan O'Hara, de 29 anos e procedente de Lilburn, Xeorxia.

Notas

Categoría:Accidentes aéreos nos Estados Unidos de América Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 2025