Metrodoro de Lámpsaco (en grego Μητρόδωρος, en latín Metrodorus), foi un filósofo grego, contemporáneo e amigo de Anaxágoras. Naceu en Lámpsaco. Traxectoria Escribiu sobre Homero, establecendo que as súas historias eran unha alegoría para representar poderes físicos e fenómenos. Platón fálanos del brevemente no diálogo Ión, tanto sobre el como de Estesímbroto e Glaucón, indicando que os tres estaban relacionados coas interpretacións alegóricas que fixeron de Homero. Metrodoro equipara a Helena, a figura central dos poemas homéricos, nos brazos do seu captor, coa Terra, centro do Universo, intimamente abrazada polo aire. O Éter identifícase con Agamenón, e Aquiles e Heitor con Helios e Selene. A súa orixinalidade radica en que deu un significado cósmico aos heroes, e non aos deuses, e substituíu os axentes sobrenaturais da mitoloxía por causas naturais. Seguindo a escola de Anaxágoras, tamén asimilou diferentes deuses menores ás vísceras corporais, pero este tema só se coñece fragmentariamente. Metrodoro morreu no -464. Notas

Categoría:Presocráticos Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados en -464 Categoría:Nados no século -V Categoría:Filósofos da Grecia antiga