Medio dólar do Tricentenariode Long Island "1936 Long Island Tercentenary Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com"½ Dollar Long Island". Numista.com150x150px150x150pxA/: Nativo americano e colono neerlandés. Lendas: LIBERTY / E PLURIBUS UNUM.R/: Buque neerlandés do século XVII navegando. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA HALF DOLLAR / IN GOD WE TRUST / 1936 / LONG ISLAND / TERCENTENARY Data: 1936 Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia (sen marca de ceca). Gravador: Howard K. Weinman. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 81.826 ex. distribuídos (e outros 18.174 refundidos). Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.
O medio dólar do Trientenario de Long Island é unha moeda estadounidense de prata con ese valor facial emitida en 1936 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de Filadelfia, para conmemorar ou 300 aniversario do primeiro asentamento europeo na illa de Long Island, no actual Brooklyn, Nova York, en 1636.
O anverso representa un colono neerlandés e un membro dunha tribo algonquina, en tanto que ou reverso amosa un barco veleiro neerlandés. Foi deseñada por Howard Kenneth Weinman, fillo de Adolph A. Weinman, deseñador da moeda de dez centavos Mercury.
A creación desta moeda foi promovida polo Comité do Tricentenario de Long Island, e o Congreso dos Estados Unidos autorizou a súa emisión sen oposición, aínda que con algunhas emendas no Senado para incrementar as proteccións contra os abusos cometidos anteriormente na emisión de moedas conmemorativas. O 13 de abril de 1936, o proxecto converteuse en lei, coa sinatura do presidente Franklin D. Roosevelt.
A cuñaxe das moedas non comezou ata agosto de 1936, demasiado tarde para as celebracións do aniversario, xa que estas tiveran lugar en maio. O Comité do Centenario comezou a comercializar as moedas e conseguiu vender catro quintas partes dos 100.000 exemplares que a US Mint lle fixera chegar, un resultado que se considerou como un éxito, dada a importancia da emisión e a falta de publicidade. O resto dos exemplares devolveuse á Ceca de Filadelfia para que fosen refundidas alí.
Antecedentes e contexto
O feito conmemorado O primeiro europeo coñecido que enxergou a illa de Long Island, hoxe parte do estado de Nova York, foi Henry Hudson en 1609. No momento do que máis tarde se considerou como a súa descuberta, 13 tribos de nativos americanos habitaban a illa. O primeiro asentamento europeo, en Jamaica Bay, foi neerlandés.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 118. A primeira escritura de compravenda de terras en Long Island data do 16 de xuño de 1636, e foi outorgada a dous colonos neerlandeses, Andries Hudde e Wolphert Gerretse.Mosterman, A. C. (2018). "Bringing New Netherland back to Breuckelen: Exploring Brooklyn's Dutch roots". The Gotham Center for New York City History. 22 de maio. A transferencia foi facilitada por Penhawitz, sachem da tribo algonquina dos Canarsee, e baixo os Hudde e Gerretse as terras convertéronse na granxa Achtervelt, e logo na poboación de New Amersfoort, e máis tarde no actual barrio de Flatlands, en Brooklyn. Os neerlandeses chamaron a illa no seu conxunto inicialmente Lange Eylandt, e tras o intento británico de tomar posesión da zona na década de 1660 intentaron renomeala como Nassau, aínda que esta denominación non se popularizou ata a creación do condado de Nassau en 1899.
A idea da emisión conmemorativa O grande interese histórico destes feitos para a historia dos Estados Unidos motivou o desexo dalgunhas entidades de promover a emisión dunha moeda conmemorativa da efeméride, como xa estaba a suceder con outras conmemoracións. Na década de 1930, as moedas conmemorativas non eran distribuídas polo Goberno estadounidense, senón que o Congreso, ao aprobar a lexislación que autorizaba cada moeda, designaba unha organización sen ánimo de lucro á que lle outorgaba o dereito exclusivo de as adquirir ao seu valor nominal e logo revendelas á poboación cunha prima, supondo así unha fonte de financiamento para celebracións e eventos diversas.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5.
No caso do medio dólar de Long Island, o grupo responsable foi o Comité do Tricentenario de Long Island, que actuaba a través do seu presidente ou do seu secretario.Flynn, K. (2008). Páxina 353. Este comité formouse para organizar as celebracións do aniversario que terían lugar en Long Island."1936 Long Island 50c". Numismatic Guaranty Corporation.
Proceso lexislativo
Cámara de Representantes miniatura|O congresista por Nova York John J. Delaney introduciu na Cámara de Representantes o proxecto de lei para a creación da moeda.
A influencia política dos membros do Comité do Tricentenario foi suficiente para que se presentase un proxecto de lei no Congreso.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 139. John J. Delaney, de Nova York, presentouno na Cámara de Representantes o 20 de febreiro de 1936, e nel solicitábase a cuñaxe dun mínimo de 100.000 exemplares dunha moeda de medio dólar. Logo da súa aceptación, o proxecto remitiuse á Comisión de Moeda, Pesos e Medidas da cámara,"Public Bills and Resolitions". En Congressional Records - House. 20 de febreiro de 1936. Páxina 2.533. onde o 28 de febreiro o representante Andrew Somers, de Nova York, presidente da Comisión,"Somers, Andrew Lawrence 1895-1949". En Biographical Directory of the United Dtates Congress (congress.gov). recomendou a súa aprobación.To Authorize the Coinage of 50-cent Pieces in Commemoration of the Three-hundredth Anniversary of the Founding of the First Settlement on Long Island, N.Y.: Report (to Accompany H.R. 11323). U.S. Government Printing Office, 1936. Tanto Somers como Delaney representaban a Brooklyn."Delaney, John Joseph 1878-1948". En Biographical Directory of the United Dtates Congress (congress.gov). Seguidamente, John J. Cochran, de Missouri, presentou o proxecto ante o pleno da Cámara o 6 de marzo, en nome de Somers e Delaney, e o proxecto foi aprobado sen debate nin oposición."Three Hundredth Anniversary of the First Settlement on Long Island, N.Y. ". En Congressional Records - House. 6 de marzo de 1936. Páxina 2.391.
Senado A continuación, o proxecto de lei pasou ao Senado. Nesa cámara remitiuse á Comisión de Banca e Moeda, onde foi un dos varios proxectos de lei de moedas conmemorativas que se examinaron o 11 de marzo de 1936, por unha subcomisión dirixida por Alva B. Adams, de Colorado.USSCBC (1936). Páxinas 1-2. O senador Adams era coñecedor dos abusos cometidos coas emisións de moedas conmemorativas a mediados da década de 1930 co fin de incrementar o beneficio dos seus promotores e dos intermediarios, xa que a lei que autorizaba as emisións non establecera ningunha limitación ao respecto, e propúxose non caer nunha situación similar.USSCBC (1936). Páxinas 11-12. Neste sentido, Lyman W. Hoffecker, un comerciante de moedas de Texas e membro da American Numismatic Society, testemuñou ante a Comisión dando conta das irregularidades cometidas previamente coas emisións do medio dólar conmemorativo do Oregon Trail (1926-1939) e outras cuñaxes daqueles anos, que entre outras cousas inflaran os prezos artificiosamente e xeraran moito descontento nos coleccionistas numismáticos.USSCBC (1936). Páxinas 18-23.miniatura|O senador Alva B. Adams defendeu o proxecto de lei no Senado.
O 26 de marzo, a comisión do Senado, a través do senador Adams, emitiu un informe no que recomendaba a aprobación do proxecto de lei logo de que se incluíse unha emenda pola que se esixía que as moedas se cuñasen nunha soa ceca e que só se emitisen amosando unicamente o ano da súa autorización (1936) independentemente de que a súa cuñaxe se puidese prolongar ata 1937. Pretendíase así evitar que aparecesen variantes da emisión que alterasen os prezos e amolasen os coleccionistas. A mesma emenda sinalaba que debía emitirse un mínimo de 5.000 e un máximo de 100.000 exemplares. Adams recomendou que estas disposicións figurasen tamén en futuros proxectos de lei doutras moedas conmemorativas.
O Senado examinou o proxecto o 27 de marzo; tratábase do derradeiro dunha serie de seis proxectos de lei para a autorización de moedas conmemorativas que estaba a estudar ese órgano e, do mesmo xeito que os demais, o de Long Island foi emendado e aprobado sen debate nin disensións."Commemoration of Three Hundredth Anniversary of Long Island, N. Y.". En Congressional Record - Senate. 27 de marzo de 1936. Páxina 4.490.
Aprobación da lei Como as dúas cámaras aprobaran versións con lixeiras diferenzas, provocadas polas emendas introducidas en cada unha, o proxecto volveu á Cámara de Representantes, onde o 30 de marzo Cochran pediu a aceptación da emenda que fora aprobada no Senado. Bertrand H. Snell, de Nova York, pediu unha explicación sobre devandita emenda do Senado, e Cochran contestoulle que se trataba de garantir expresamente que a emisión non fose supor gastos para o Goberno federal. A Cámara aceptou a emenda e aprobou o proxecto de lei sen discrepancias,"Commemorative 50-Cent Pieces, Long Island, N. Y.". En Congressional Records - House. 30 de marzo de 1936. Páxina 4.601. co que se converteu en lei coa sinatura do presidente Franklin D. Roosevelt o 13 de abril de 1936, autorizando a emisión dun máximo de 100.000 exemplares.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 117. As disposicións de que as moedas só se cuñasen nunha única ceca e de que se esixía que todas levasen a mesma data foron primicias na lexislación de moedas conmemorativas nos Estados Unidos."Long Island Tercentenary Commemorative Coin Legislation". United States Mint (Usmint.gov).Flynn, K. (2008). Páxina 116.
Preparación Por recomendación da Comisión de Belas Artes dos EEUU (CFA), o Comité do Tricentenario contratou o escultor Howard Kenneth Weinman, fillo do tamén escultor Adolph Alexander Weinman.Flynn, K. (2008). Páxina 293. A CFA era responsable de facer recomendacións acerca do mérito artístico das obras de arte pública, entre as que estaban incluídas as moedas.Taxay, D. (1967). Páxinas v-vi.O maior dos Weinman xa era coñecido porque se encargara do deseño da moeda de dez centavos Mercury e do medio dólar da Liberdade camiñando, e escribiulle ao secretario da CFA, H. R. Caemmerer, o 2 de abril de 1936, para lle comunicar a contratación de Howard Weinman e para lle pedir detalles sobre o procedemento de aprobación das moedas conmemorativas.Taxay, D. (1967). Páxina 185. Caemmerer contestoulle o día seguinte, indicando que os deseños debían enviarse á Ceca de Filadelfia en canto o proxecto de autorización recibise a aprobación definitiva.Taxay, D. (1967). Páxinas185-186.
O 19 de abril, Howard Weinman escribiu a Caemmerer para lle indicar que, por mor do atraso do Comité do Tricentenario, só se realizaran algúns esbozos preliminares, e preguntoulle tamén en que fase debían presentarse os deseños para a súa aprobación. Caemmerer respondeu o día 21 que, para os efectos da aprobación do CFA, o mellor sería que lle enviase copias das fotografías do modelo de xeso terminado a el mesmo e a Lee Lawrie, escultor membro do CFA. Caemmerer tamén suxeriu que Howard Weinman consultase co seu pai sobre o procedemento de presentación á Casa da Moeda, xa que Adolph Weinman o fixera en varias ocasións.Flynn, K. (2008). Páxinas 291-292. En maio, Howard Weinman tiña xa rematados os seus modelos. Lawrie fixo algunhas pequenas suxestións, pero quedou moi satisfeito co traballo. A CFA amosou o seu acordo o día 26, tamén con algunhas suxestións adicionais, como a de colocar a expresión HALF DOLLAR debaixo do barco no reverso, algo que non foi adoptado na versión definitiva.Taxay, D. (1967). Páxina 187-188.