Thalasseus bergii Consultado o 28 de febreiro de 2012 é unha especie de carrán da familia Laridae que nidifica en densas colonias nas costas e illas da zona tropical e subtropical do Vello Mundo. As súas cinco subespecies reprodúcense na rexión que vai desde o sur de África, arredor do océano Índico ata o océano Pacífico central e Australia, e todas as poboacións se dispersan moito desde a súa área de reprodución despois de nidificaren. Este gran carrán está estreitamente emparentado co carrán real americano e co carrán bengalés, pero pode distinguirse deles en tamaño e cor do bico.
Esta especie ten as partes dorsais grises, as partes ventrais brancas, bico amarelo e unha crista negra espeluxada que diminúe en inverno. As crías teñen un aspecto moi distintivo, cunha plumaxe cun forte debuxo gris, marrón e branco, e despois de emplumaren aínda dependen dos seus pais para alimentarse durante varios meses máis. Como todos os membros do xénero Thalasseus, este carrán aliméntase mergullándose para pescar no mar; o macho ofrece peixes á femia como parte do ritual de cortexo.
É unha especie adaptable que aprendeu a seguir os barcos de pesca para recoller os descartes de peixe devoltos ao mar, e utiliza sitios pouco comúns de nidificación, como os tellados dos edificios e illas artificiais en salinas e obras de saneamento de augas residuais. Os seus ovos e crías son depredados por gaivotas e ibises, e as actividades humanas como a pesca, caza e recollida de ovos causaron declives en poboacións locais. Non hai preocupacións globais sobre a conservación desta ave, que ten unha poboación total estable de máis de 500.000 individuos.
Taxonomía
Os carráns son aves mariñas de tamaño medio ou pequeno da subfamilia Sterninae, estreitamente relacionadas coas gaivotas, bicos de tesoira e palleiras (familia Laridae). A súa aparencia é de gaivota, pero normalmente cun corpo máis lixeiro, ás longas bicudas (que lles permiten un voo rápido e flotante), unha cola profundamente forcada e patas curtas. A maioría das especies son grises pola parte dorsal e brancas pola ventral, e teñen un píleo negro que se reduce ou está manchado de branco en inverno.Snow & Perrin (1998) 764
O T. bergii foi descrito orixinalmente como Sterna bergii polo naturalista alemán Martin Lichtenstein en 1823, pero foi trasladado ao seu xénero actual, Thalasseus,Este xénero fora creado orixinalmente por Heinrich Boie en 1822, pero fora despois abandonado ata que, máis tarde, un estudo de Bridge (2005) confirmou que cumpría separar os carráns con crista do xénero Sterna. despois de que estudos do ADN mitocondrial confirmaron que os tres principais debuxos da cabeza que presentaban os carráns (sen píleo negro, píleo negro e píleo negro con fronte branca) correspondían a clados distintos.
Os parentes máis próximos de T. bergii dentro do seu xénero parecen ser o carrán bengalés (T. bengalensis), e o carrán real americano (T. maximus). O estudo do ADN non incluía a especie chinesa en perigo crítico de extinción T. bernsteini, pero como esa ave antes era considerada conespecífica de T. bergii como sinónimo da subespecie T. b. cristatus, pénsase que está tamén moi relacionada.
O seu nome xenérico significa en grego antigo 'pescador', que deriva de thalassa, 'mar', e o epíteto específico bergii púxose en honra de Karl Heinrich Bergius, un farmacéutico e botánico prusiano que recolleu os primeiros espécimes deste carrán preto de Cidade do Cabo.Higgins & Davies (1996) 605–609
Esta especie ten catro ou cinco razas xeográficas (dependendo da autoridade consultada), que difiren principalmente na cor da parte ventral e do bico. Son as listadas máis abaixo en secuencia taxonómica. Propúxose un número similar doutras posibles subespecies, pero non son consideradas válidas.
SubspeciesParentheses indicate originally described under a different name Imaxe Área de reprodución Características distintivas Estimación da poboaciónT. b. bergii(Lichtenstein, 1823)180px Cidade do Cabo, SuráfricaCostas de Suráfrica e NamibiaParte dorsal gris escura, lixeiramente maior que T. b. thalassinus, menos branco na cabezaOlsen & Larsson (1995) 35–4220.000 individuos (incluídos 6.336 parellas reprodutoras en Suráfrica e 1.682 parellas en Namibia)T. b. enigmaHarrison (1988) 383Incluída en T. b. bergii por Olsen & Larsson (1995)(Clancey, 1979)Delta do Zambeze, Mozambique, sur de Durban, SuráfricaSubespecie máis clara Incluída en T. b. bergii polo IOCDe 8.000 a 10.000 individuos en Madagascar e MozambiqueT. b. thalassinus(Stresemann, 1914)180px Illa Bird, SeychellesOcéano Índico occidentalPequeno e claro, meirande e menos claro na parte sur da súa área de distribución2.550–4.500 individuos en África oriental e SeychellesT. b. velox(Cretzschmar, 1827)180px IránMar Vermello, Golfo Pérsico, norte do océnao Índico A subespecie máis grande, máis escura e con bico máis longo 33.000 en Oriente Próximo (incluíndo 4.000 parellas en Omán e 3.500 parellas en illas das costas de Arabia Saudita)T. b. cristatus(Stephens, 1826)180px Tasmania, AustraliaLeste do océano Índico, Australia e océano Pacífico oeste desde Taiwán cara ao sur ata TasmaniaComo T. b. bergii, con cola, sobrecú e dorso da mesma cor; máis claro en Australia500000+ individuos en AustraliaDel Hoyo et al. (1996) 648
Descrición miniatura|T. b. cristatus, Polinesia Francesa. O T. bergii é un carrán grande cun bico amarelo de 5,4–6,5 cm de longo, patas negras e unha crista negra brillante que está moi espeluxada na parte posterior. O adulto reprodutor da subespecie nomeada T. b. bergii é de 46–49 cm de longo, cunha envergadura de 125–130 cm; esta subespecie pesa 325–397 g. A fronte e as partes inferiores do corpo son brancas, o dorso e ás son grises escuras. En inverno, a plumaxe da parte ventral é gris clara, e a coroa da cabeza convértese en branca, fusionándose na parte posterior nunha crista e máscara negras.
Os adultos de ambos os sexos teñen un aspecto idéntico, pero os inmaturos son distintivos, cun deseño da cabeza similar á do adulto en inverno, e partes superiores cun forte deseño gris, marrón e branco; as ás pechadas parecen ter liñas escuras. Despois da muda, os carráns novos lembran o adulto, mais manteñen un padrón variado nas ás cunha liña escura nas plumas de voo internas.
As subespecies do norte T. b. velox e T. b. thalassina locen a plumaxe reprodutora entre maio e setembro ou outubro, mentres que o período relevante das dúas razas do sur de África é desde decembro a abril. Para T. b. cristatus, a cronoloxía da muda depende das localidades; as aves de Australia e Oceanía están en plumaxe reprodutora de setembro ata abril, pero as de Tailandia, a China e Sulawesi teñen esta aparencia de febreiro a xuño ou xullo.
O carrán real americano ten un tamaño similar a esta especie, pero ten un corpo máis pesado, ás máis anchas, un dorso máis claro e un bico romo máis laranxa. O T. bergii adoita asociarse co carrán bengalés, pero é un 25 % maior que este, cun bico proporcionalmente máis longo, unha cabeza máis longa e pesada e corpo máis voluminoso. O carrán bengalés ten un bico con tons alaranxados e en plumaxe inmatura é moito menos variegado que o T. bergii.
O T. bergi é moi ruidoso, especialmente nos seus terreos de reprodución. A chamada de advertencia territorial é un alto e rouco kerrak parecido ao dun corvo. Outras chamadas son un korrkorrkorr que fai desde o niño cando está ansioso ou excitado, e un duro uep uep en voo.
Distribución e hábitat miniatura|Pousado con carranciños comúns; nótese a diferenza de tamaño.
Esta especie vive en partes das costas tropicais e de temperatura cálida do Vello Mundo desde Suráfrica arredor do océano Índico ata o pacífico e Australia. As subespecies T. b. bergii e T. b. enigma reprodúcense en Suráfrica desde Namibia a Tanzania, e posiblemente nas illas que rodean Madagascar. Hai unha interrupción na área reprodutora desta especie ata Somalia e o mar Vermello, e outra descontinuidade máis ao leste no sur da India.
Reprodúcese en moitas illas do océano Índico incluíndo Aldabra e Etoile nas Seychelles, o arquipélago de Chagos e a illa Rodrigues. Hai colonias en numerosas illas do Pacífico, como Kiribati, Fiji, Tonga, as illas da Sociedade e as Tuamotus.
Os niños localízanse en illas areosas de baixa altura, rochosas ou coralinas, ás veces entre arbustos atrofiados, e a miúdo sen ningún amparo. Cando non están na época reprodutora, esta especie pousa en costas abertas, menos frecuentemente en barcos, pilotes, edificios dos portos e moreas de sal elevadas en lagoas costeiras. Raramente se ve en regatos mareais ou augas interiores.
Todas as poboacións desta especie se espallan despois da reprodución. Cando os exemplares surafricanos abandonan as colonias de Namibia e a Provincia do Cabo Occidental, a maioría dos adultos desprázanse ao leste á liña costeira do océano Ïndico de Suráfrica. Moitas aves novas tamén viaxan ao leste, ás veces máis de 2.000 km, pero outros móvense máis ao norte ao longo da costa occidental. T. b. thalassina pasa o inverno no leste da costa africana polo norte ata Kenya e Somalia e poden desprazarse polo sur ata Durban. As poboacións de T. b. velox reprodúcense desde o Golfo Pérsico cara ao leste e parecen ser sedentarias ou dispersivas en vez de verdadeiramente migratorias, pero aqueles que pasan o inverno no mar Vermello invernan cara ao sur ao longo da costa leste de África ata Kenya. T. b. cristatus principalmente permanece dentro dun raio de 400 km desde as súas colonias, pero algunhas aves vagan ata a 1.000 km de distancia. Esta especie apareceu como vagante en Hawai, Nova Zelandia, Corea do Norte, Xordania, e Israel.Snow & Perrin (1998) 770–771
Na India, o T. bergii está protexido na Reserva de Conservación de Aves Mariñas PM Sayeed.
Comportamento
Reprodución miniatura|T. b. cristatus exhibíndose. Reprodúcese en colonias, a miúdo en asociación con outras aves mariñas. É monógamo e os lazos entre a parella mantéñense durante o ano e ás veces en tempadas reprodutoras consecutivas.Higgins & Davies (1996) 610–611 O tamaño da colonia está relacionado coa abundancia de presas de peixes peláxicos, e a maior colonia documentada, con 13.000 a 15.000 parellas, está no Golfo de Carpentaria no norte de Australia, unha rexión que tamén alberga as maiores colonias doutras aves mariñas. Como a nidificación nesta área segue ás inundacións monzónicas de verán, pénsase que é unha resposta ao aumento da cantidade de peixe, probablemente debido a que a escorredura arrastrada polos ríos proporciona nutrientes extra ao Golfo. Este carrán non ten fidelidade ao sitio, cambiando frecuentemente o seu sitio de nidificación de ano a ano, ás veces a distancias de máis de 200 km. Polos de T. bergii cos seus pais na illa Penguin, Australia Occidental|miniatura|esquerda O macho establece unha pequena área da colonia para prepararse para a nidificación, e inicialmente pica a calquera outro carrán que entre no seu territorio. Se o intruso é outro macho, este reacciona da mesma maneira, pero normalmente é repelido vigorosamente polo dono do territorio. Se unha femia entra na área do niño reacciona pasivamente á agresión inicial do macho, o que fai que el recoñeza o seu sexo e inicie a exhibición de formación de parella, que inclúe erguer e baixar a cabeza; este comportamento é repetido con frecuencia durante a nidificación para reforzar os lazos entre a parella. Os carráns tamén usan peixes como parte do ritual de cortexo. Un carrán voa arredor da colonia cun peixe no bico, vocalizando moi alto; a súa parella pode tamén voar, pero a parella finalmente pousa e nese momento entrégase o agasallo. miniatura|Plumaxe reprodutora en Nova Gales do Sur.