Francisco Bouzas Sánchez,Nalgungas fontes o seu apelido aparece como Bouza. coñecido como Mandoncacho, nado no Grove o 9 de agosto de 1910 e finado no Brasil en 1991, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Fillo do empresario Juan Bouzas Martínez. Foi nomeado mestre interino de San Xoán do Monte (Lavadores) en decembro de 1932.El Pueblo Gallego, 9-12-1932, p. 10. Cursillista da convocatoria de 1933 en Pontevedra, aprobou o curso. Foi nomeado mestre interino do Pósito de Coiro (Cangas de Morrazo) en novembro de 1934,El Noticiero Gallego, 25-11-1934, p. 2. e en xaneiro do ano seguinte pasou ao Pósito do Grove.El Pueblo Gallego, 11-1-1935, p. 13. Foi homenaxeado cun banquete polos seus compañeiros mestres do Grove o 3 de agosto de 1935.El Pueblo Gallego, 8-8-1935, p. 14. Dirixente do Sindicato de Oficios Varios do Grove, en outubro de 1935 foi sancionado con multa polo gobernador civil xunto cos veciños do Grove Ramón Mandiás Merino, Anselmo Bernárdez Fernández, Manuel Lueiro Rey, Ramón Álvarez Portela e José Torres Rodríguez por "dar berros subversivos e facer campaña aconsellando métodos de violencia".El Pueblo Gallego 19-10-1935, p. 13. Mestre en Frades dende outubro de 1935,El Noticiero Gallego, 4-10-1935, p. 5. foi directivo de Izquierda Republicana de Mondariz.Militantes históricos IR Logo das eleccións de febreiro de 1936 e xunto con Luís Soto, foron homenaxeados pola Fronte Popular en Mondariz Balneario o 15 de marzo polo seu traballo na campaña electoral.El País, 19-3-1936, p. 1.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Foi suspendido de emprego e soldo polo comandante militar de Tui en agosto.El Ideal Gallego, 13-8-1936, p. 2. Foi reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria xunto con Manuel Martínez Alonso, Celso Collazo Álvarez, José Troncoso Faro e Luís Soto Fernández o 8 de outubro de 1936.El Pueblo Gallego, 9-10-1936, p. 3. Requisitoria que volveu repetir o 19 de novembro xunto con Luís Soto e F. José Carballo.El Pueblo Gallego, 21-11-1936, p. 2. Finalmente detido, foi xulgado en Vigo por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos. A sentenza foi conmutada posteriormente a 3 anos. Como resultado do proceso de depuración do maxisterio foi separado do servizo e baixa na escala en xaneiro de 1942. Sancionado pola Físcalía de Taxas de Zamora por tráfico ilegal de fariña cunha multa de 10.000 pesetas e incautación de 9.000 quilos de fariña en outubro de 1949,Imperio, 9-10-1949, p. 2. foi procesado por estafa en 1950 polo Xulgado de Instrución de Alcañices.BOE, 14-7-1954, p. 2283. Emigrou ao Brasil nos anos cincoenta.

Vida persoal Casou coa mestra María del Pilar Vázquez Martínez, que finou en Santiago de Compostela o 10 de maio de 1949.El Correo Gallego, 11-5-1949, p. 3. Volveu casar con Divina Troncoso Otero.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en memoria da Coruña

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Nados no Grove Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1991