Francisco Franco Calvete, nado no Grove en 1903 e finado no mesmo lugar en 1931, foi un ordenanza de telégrafos e escritor de teatro galego.

Traxectoria Procurou incorporar ós escenarios a zarzuela con letra en galego. Creou entre 1928 e 1930 "O señor feudal ou ¿Quen matou o Meco?", que representa a lenda do Meco, obra teatral en prosa e catro actos, á que o músico e director de orquestra José Besada Domínguez lle compuxo a música. A primeira representación, a cargo da Agrupación Artística Minerva, da que Franco Calvete formou parte, realizouse tralo seu pasamento o 5 de marzo de 1931 no Teatro Besada.

Vida persoal Nado nunha familia humilde no barrio do Montiño, no Grove. Foi fillo de Ricardo Franco Domínguez, canteiro, e de Josefa Calvete Otero, dedicada ás terefas do fogar. Seu irmán Ricardo foi carteiro, afeccionado á fotografía, foi talvez o primeiro fotógrafo que houbo no Grove. Seus irmáns Ricardo e mais Emilio, ó igual ca el, faleceron con menos de trinta anos.

Recoñecementos miniatura|250px|Placa da rúa en memoria de Franco Calvete, no Grove. No ano 2014 o concello do Grove nomeou unha rúa no barrio do Montiño na súa honra, designada por pedimento de Manuel Lueiro Rey en abril de 1983. De igual xeito o concello do Grobe creou o Premio de Textos Teatrais Franco Calvete no ano 2014.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lenda do Meco

Categoría:Nados no Grove Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Dramaturgos en lingua galega