O tesouro de Penadominga é un conxunto de arredor dun cento de pequenas moedas romanas de bronce achado en 1950 nas proximidades do castro de Penadominga, en Quiroga.

Descuberta O tesouro foi achado en xullo de 1950 na contorna do castro de Penadominga en Bendollo, no concello lugués de Quiroga, por un veciño do lugar,"Tesouriño de Penadominga (Quiroga, Lugo)". En Balseiro García, A. (coord.) (2001). Páxina 49.Cepeda, J. J. (1993). Páxina 91. xunto con fragmentos diversos, placas de cinto e outros materiais tardorromanos."B.2. A Fonsagrada". En Balseiro García, A. et al. (2021-a-). Páxina 771.

A falta de datos precisos acerca das circunstancias da descuberta das moedas fai imposible confirmar se se trata dun único achado ou máis ben do resultado de varias procuras sucesivas. A este respecto, Juan José Cepeda considera mesmo que non se trataría dun tesouro strictu senso, senón de grupos dispersos de moedas circulantes utilizadas polos habitantes do castro e que se foron perdendo accidentalmente durante o período en que estre foi habitado.

Contido Das 105 moedas do conxunto inicial, consérvanse unicamente 91. O seu estado de conservación é en xeral moi deficiente e só en 53 espécimes é posible a lectura das súas lendas. O grupo maioritario está composto por nummus, follis e outros divisores de bronce do Baixo Imperio, correspondentes a emisóns constantinianas (306-363 d.C.) e valentinianas (364- 392 d.C.), e o espécime máis tardío corresponde á época do emperador Arcadio (395-408 d.C.), da dinastía Teodosiana.Cepeda, J. J. (1993). Páxinas 95-98. Á marxe deste grupo maioritario de pequenos bronces do século IV, no tesouro apareceu tamén un denario do emperador Marco Aurelio (161-180 d.C.) e un ás hispanoromano.Cepeda, J. J. (1993). Páxina 99.

A atribución das 53 moedas catalogables é a seguinte:

+EmperadorPeríodoExemplaresMarco Aurelio161 - 1801Helena293 - 3301Teodora -1Constantino I306 - 3371Constantino II337 - 3403Constante337 - 3502Constancio II337 - 36114Constancio II / Constante -9Outras constantinianas -12Magnencio350 - 3533Valente364 - 3781Valentiniano II 375 - 3922Arcadio395 - 4081

Canto ás cecas romanas que puideron ser identificadas, son as seguintes: Antioquía (1 exemplar; Constancio II), Arelate (3 exemplares), Constantinopla (4 exemplares, Constancio II), Cízico (2 exemplares, Constantino I), Lugdunum (1 exemplar), Roma (3 exemplares, Constancio II), Tesalónica (1 exemplar, Constancio II) e Tréveris (1 exemplar, Constantino I).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Arias, F.; Fariña, F. (1974). “Monedas de un tesorillo del siglo IV hallado en Lugo”. En Studia Archaeologica 29. Páxinas 5-13. Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-573-9 Balseiro García, A. et al. (2021-a-). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 763-781. ISBN 978-84-89157-85-9 Balseiro García, A. et al. (2021-b-). "Recorrido por la colección numismática del Museo Provincial de Lugo: programa de investigación y proyectos de divulgación". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 593-598. ISBN 978-84-89157-85-9 Carnero Vázquez, M. O. (2015): “Os “Tesouriños” da colección numismática do Museo Provincial de Lugo”. En Férvedes. Revista de Investigación 8. Páxinas 439-444 Cepeda, J. J. (1993). “Monedas procedentes del castro de Penadominga (Bendollo, Quiroga. Lugo)”. En Nvmisma 232. Páxinas 91-107.

Outros artigos

Museo Provincial de Lugo

Categoría:Tesouros monetarios Penadominga Categoría:Tesouros romanos Categoría:Numismática de Galicia Categoría:Quiroga Categoría:Gallaecia Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Museo Provincial de Lugo Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes